Actualidade
Buscador de novas
Especialistas da Xunta e do Goberno canario intercambian en Galicia coñecementos e experiencias en materia de extinción de incendios forestais
O persoal insular está a coñecer polo miúdo, ao longo desta semana, as instalacións, protocolos e medios do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) de Galicia
A Xunta mantén aberto o prazo de solicitude das axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal
O prazo das achegas para a divulgación de agrupacións forestais de xestión conxunta e apoio a asociacións sen ánimo de lucro que comercialicen produtos forestais remata este venres, 12 de abril, e para a creación destas figuras esténdese ao 10 de maio
A Xunta imparte charlas sobre protección de vivendas fronte a incendios forestais en parroquias de alta actividade incendiaria do concello ourensán de Muíños
As xornadas divulgativas leváronse a cabo nas parroquias de Requiás e Prado para abordar a protección de vivenda fronte a incendios forestais a través de medidas preventivas en torno á edificación e na xestión dos terreos lindeiros
A Xunta abre mañá a consulta pública do plan director do sector forestal-madeira
A Administración autonómica avanza no impulso deste novo instrumento de política industrial e este será o cuarto plan aberto á opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas
A Xunta lembra que o prazo das axudas para a mellora da xestión activa das masas consolidadas de frondosas autóctonas está aberto ata o 8 de abril
O Goberno galego publicou recentemente no DOG a ampliación da dotación orzamentaria destas achegas ata os case 2 M€, así como do prazo de presentación de solicitudes
A Xunta celebra que Galicia conta xa con máis de 550.000 hectáreas de monte ordenado, un 45 % máis do obxectivo fixado para 2025
José González insistiu na importancia de seguir avanzando na ordenación e reestruturación dos montes galegos, para favorecer o aproveitamento socioeconómico deste recurso e loitar contra os incendios forestais
A Xunta prohibe dende mañá as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir de mañá venres, 22 de marzo
A Xunta pon en valor a colaboración público-privada para seguir potenciando o sector forestal a través do uso da madeira como material na construción
O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou hoxe nunha mesa redonda enmarcada na programación da feira REBUILD en Madrid