Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da área temática Conservación da natureza:

25/11/2023 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a contribución da ciencia cidadá a un mellor coñecemento de espazos naturais como o complexo dunar de Corrubedo

Ribeira acolleu hoxe un encontro coa participación de distintas entidades sociais para mostrar o papel do público en xeral na obtención de datos e información sobre o estado co Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Estas organizacións convértense en importantes activos que favorecen a creación dun escenario aberto e transversal no que as interaccións entre ciencia, sociedade e política ambiental permiten mellorar a toma de decisións
 

25/11/2023 | 10:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/11/2023 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros animou aos representantes municipais a participar na “Rede Galega de Praias e Parques Sen Fume”

A delegada sinalou que un dos principais obxectivos destes programas é desnormalizar o consumo de tabaco en toda a comunidade e ampliar a delimitación de espazos onde actualmente non está regulada a prohibición de fumar, como son as praias ou os parques

22/11/2023 | 13:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
21/11/2023 | 19:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Galicia defenderá ante o Tribunal Constitucional que ten competencias plenas para ordenar o seu litoral

A Xunta velará polos intereses das empresas e cidadáns con instalacións na liña de costa fronte a un Goberno central que obviou cuestións do informe do Consello de Estado que chocaban co seu obxectivo de eliminar todo vestixio humano do litoral

21/11/2023 | 14:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licitará este ano o instrumento de ordenación que permitirá impulsar o parque empresarial de Fragamoreira, en Poio

O Goberno galego destinará nos orzamentos do próximo ano máis de 40 M€ a executar actuacións en 22 parques empresariais, 6 deles na provincia de Pontevedra

21/11/2023 | 14:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba máis de 140.000 euros en axudas para realizar distintas accións na área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas

A resolución das achegas, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, supón apoiar 18 proxectos que inclúen actividades como a recollida de lixo mariño na illa de Cortegada, a realización de actuacións para coñecemento e control das especies do parque, a divulgación do seu patrimonio ou a rehabilitación de distintos inmobles, entre outras

20/11/2023 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta plantará 7.000 árbores nas marxes do río Umia, cun investimento de case 2 M€ que evitará as cianobacterias e reducirá o risco de inundacións

Vázquez Mourelle informa da publicación hoxe no DOG da encomenda á empresa pública Seaga dos traballos de restauración fluvial do bosque de ribeira, que suporán actuar sobre 35 quilómetros das marxes do río Umia e do seu afluente, o río Gallo

19/11/2023 | 16:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reunirase co Goberno central a próxima semana para abordar as dúbidas de aplicación da nova Lei de benestar animal estatal

Belén do Campo comprométese a trasladarlle ao Estado a inquedanza da entidade ante o posible impacto que terá a normativa para os criadores de cans

09/11/2023 | 17:04 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta creará unha unidade especializada de axentes medioambientais para velar pola protección e a conservación da Galicia verde

Destaca que a medida converterá a Galicia na primeira Comunidade en dotarse cun equipo altamente cualificado e con capacidade para intervir a nivel autonómico, dedicado a previr, indagar e perseguir actuacións que poñan en risco a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade galega