Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 337 novas da área temática Comercio:

26/04/2024 | 09:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª edición do Bono Activa Comercio dotada con 2,5 M€

A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través destes bonos desconto de ata 30 euros por persoa

12/04/2024 | 11:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa en Madrid a divulgación da cestería e da marca Artesanía de Galicia

A través da Fundación Artesanía de Galicia, apóianse tres cursos de ‘Cestería con cables de cores’ impartidos pola cesteira Belén Martínez, de Casa Atlântica, entre o sábado e o domingo no espazo Cocol Madrid

06/04/2024 | 12:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a celebración na Coruña dos Días Europeos da Artesanía con demostracións e obradoiros de oficios artesanais no Centro Ágora

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá a iniciativa Oficios en Acción, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Consellería de Economía, Industria e Innovación

04/04/2024 | 16:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz salienta o labor da Xunta en favor do comercio local durante a entrega dos premios de Aetravi polo Día do pai

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, fixo un percorrido polos establecementos do barrio das Travesas que participaron na campaña de Aetravi

04/04/2024 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor a importancia do programa Reacciona para seguir impulsando a competitividade das pemes de Ourense

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na inauguración do obradoiro organizado xunto á Confederación Empresarial de Ourense para dar a coñecer este programa ao tecido empresarial

02/04/2024 | 15:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o labor do Centro Comercial Aberto de Boiro na potenciación do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na presentación do novo catálogo de premios do sistema de fidelización co que a asociación potencia as compras na localidade coruñesa

30/03/2024 | 10:01 | C. de Economía e Industria

Máis de 60 obradoiros celebran os Días Europeos da Artesanía achegando os seus oficios á sociedade

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, coordina o programa na Comunidade e colabora con diferentes actividades nas catro provincias, entre as que se inclúen demostracións en vivo, visitas guiadas, talleres e xornadas de portas abertas

28/03/2024 | 10:16 | C. de Economía e Industria

O programa ReAcciona abre unha nova convocatoria ofrecendo ás pemes galegas servizos avanzados para mellorar a súa competitividade

A partir do 1 de abril, os interesados poden presentar as súas solicitudes para optar a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a mellora da xestión financeira, a optimización dos procesos de produción ou a innovación