Actualidade
Buscador de novas
Gómez Caamaño subliña o compromiso da xunta cos hospitais comarcais tras 10 anos de melloras no Hospital Público da Mariña, que atende a 70.000 persoas
Sinala que o proxecto para seguir ampliando este hospital, cun investimento de 30M€, está moi avanzado e debe desenvolverse de forma compatible coa actividade asistencial
Luz Casal actúa mañá no Mosteiro de San Salvador de Celanova co apoio da Xunta
A terceira edición do ciclo Rock entre pedra e poesía conta co patrocinio de Turismo de Galicia coa intención de diversificar a oferta turística do verán galego
A Xunta salienta a importancia da formación para captar e reter talento no sector TIC da comunidade
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou esta mañá a sede da compañía de servizos profesionais Deloitte na Coruña
A Xunta reclama ao Goberno unha xestión planificada dos fondos europeos e advirte da súa desconexión coas necesidades das empresas
Exixe unha cogobernanza real e efectiva destas axudas e que vaian acompasadas ao que a industria, as pemes e as persoas autónomas precisan
O Compostela Tradfest recibe o apoio da Xunta para celebrar unha xornada dedicada á música de raíz
O festival reparte a súa actividade o domingo 28 de xullo entre a praza da Quintana e o parque de Bonaval
Manuel Pardo destaca o investimento da Xunta arredor de 4 M€ en 83 concellos da provincia de Ourense a través do Plan de mellora de camiños rurais
O delegado territorial da Xunta explicou que o Plan de mellora de camiños rurais, persegue a mellora de infraestruturas co gallo de xerar cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e de traballo no medio rural
‘Galicia Olímpica’, a website da Xunta con toda a información dos olímpicos e paralímpicos galegos e galegas, lista para París
Ademais do calendario dos deportistas galegos con todos os detalles das probas nas que compiten e entrevistas personalizadas, o espazo web tamén informa ao momento sobre os seus resultados
López Campos anima a participar na recollida de voces para promover a inclusión do galego no eido dixital
Destaca a importancia que ten a “colaboración da poboación para avanzar na xeración de recursos, como é conseguir a maior cantidade de horas gravadas no noso idioma para que as ferramentas funcionen o mellor posible”
A Xunta organizará en Tui a cuarta edición do Foro Profesional de Instrumentos Musicais ‘resonancias’
A iniciativa celebrarase o martes 6 de agosto no marco do XVIII edición do festival Música no Claustro e os interesados en participar deberán facer a inscrición previa na páxina do festival
A Xunta leva mañá á Coruña o concerto de Chris Isaak, co que remata o ciclo Coruña Sounds
Este festival, que conta co apoio de Turismo de Galicia, xa levou tamén á cidade herculina este ano os concertos de Emilia, Camilo, Robe e o pasado domingo, Luis Miguel