Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aproba a construción de preto de 70 novos parques eólicos cun investimento de máis de 1.800 M€
Galicia cumpre cos prazos establecidos polo Goberno central que marcaban o vindeiro 25 de xullo como data límite para obter a licencia de construción
A Xunta concede axudas a seis empresas da provincia de Ourense para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías no segundo trimestre deste ano
O delegado territorial explicou que en Galicia suman 70 subvencións por un importe global superior aos 1,6 millóns de euros
A Xunta adxudica a xestión integral das plantas de biorresiduos de Cervo, Verín e Vilanova de Arousa
O contrato, cunha duración de dous anos, inclúe a operación, mantemento e limpeza das tres instalacións, así como a distribución e comercialización do compost elaborado a partir da materia orgánica
A Xunta aposta por promover no tecido empresarial galego novos procesos produtivos e un consumo máis eficiente
A directora do Igape, Covadonga Toca, acompañada da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou o Grupo Rilo, ao que puxo como exemplo de compromiso coa sustentabilidade tras a recente consecución dunha das súas compañías, Recinor, do Accésit de Empresa Sostible no Premio Peme do Ano da Coruña
O consello de administración de Sogama aproba actualizar o canon pola xestión de residuos de 2024
O importe medio a pagar este ano por parte dos 295 concellos que envían os seus residuos a Cerceda queda fixado en 66 euros por tonelada
A Xunta abre ao público o tramo da senda do paseo de Barbaña dende o Pazo dos Deportes Paco Paz á Ponte Codesal
Trátase de case dous quilómetros no marco das actuacións da senda entre Os Remedios e Expourense licitada o ano pasado por preto de 4M€ para habilitar catro quilómetros de itinerario entre a estación intermodal e Expourense e Paco Paz
A Xunta pon en valor a aportación de empresas como Altia para que Galicia incremente a súa resiliencia e siga a liderar a acción contra o cambio climático
A galega é a comunidade española con maior redución das emisións desde 1990 e a que ten maior capacidade de absorción de dióxido de carbono, cuestións nas que afondará o Plan rexional de clima e enerxía 2024-2030 que está en elaboración
A Xunta concede Autorización Ambiental Integrada ao proxecto para a instalación dunha planta de hidróxeno verde no Porto de Vigo
Os técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúen que a proposta é viable e non terá impacto na contorna se se cumpren os condicionantes recollidos no propio documento e na Declaración de Impacto Ambiental
A Xunta e o Goberno central coordínanse para previr os incendios forestais e loitar contra a actividade delituosa incendiaria
O obxectivo desta reunión, que se celebra todos os anos no marco da campaña de alto risco, é o deseño de actuacións conxuntas entre a Xunta, o Goberno central e a Administración local en materia de prevención e loita contra os lumes forestais