Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aposta por potenciar as prazas de abastos e transformalas en ‘Mercados Excelentes’ como eixos do comercio local e vertebradores do territorio
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a praza de abastos de Santiago para dar a coñecer a nova orde de axudas que publica hoxe o DOG
A Xunta aposta por promover no tecido empresarial galego novos procesos produtivos e un consumo máis eficiente
A directora do Igape, Covadonga Toca, acompañada da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou o Grupo Rilo, ao que puxo como exemplo de compromiso coa sustentabilidade tras a recente consecución dunha das súas compañías, Recinor, do Accésit de Empresa Sostible no Premio Peme do Ano da Coruña
As descargas dos máis de 16.000 bonos turísticos da Xunta esgótanse en menos de quince días
A un moi bo ritmo e cun cento de bonos descargados por minuto nos primeiros días, os galegos descargaron xa os 16.666 bonos turísticos postos en circulación este ano
A Xunta impulsa a comercialización da marca Artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera en Sanxenxo que estará aberta nos meses de xullo e agosto
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda pop up froito da colaboración de Artesanía de Galicia coa marca galega de moda D-due
Martina Aneiros anima a establecementos e axencias de viaxe da zona a adherirse a campaña dos bonos turísticos da Xunta para o próximo outono
Destaca o éxito da campaña coa que o Goberno galego pretende promover as viaxes na comunidade autónoma e apoiar así ao sector fóra da temporada alta
Preto de medio centenar de rapaces participan en Valdoviño nas actividades lúdicas do programa da Xunta ‘Veráns Lecer Consumo’
A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta mañá aos participantes nunha das actividades que se levaron a cabo no local da AVV de Pantín coa fin de concienciar aos máis pequenos sobre o consumo responsable