Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destinará 200.000 euros á erradicación de especies invasoras no parque natural Monte Aloia
Marisol Díaz explica que se actuará en preto de 26 hectáreas para a eliminación da acacia negra (Acacia melanoxylon)
A Xunta abre ao público o tramo da senda do paseo de Barbaña dende o Pazo dos Deportes Paco Paz á Ponte Codesal
Trátase de case dous quilómetros no marco das actuacións da senda entre Os Remedios e Expourense licitada o ano pasado por preto de 4M€ para habilitar catro quilómetros de itinerario entre a estación intermodal e Expourense e Paco Paz
Martina Aneiros destaca o traballo da Xunta a prol da conservación e recuperación da píllara das dunas
A acción enmárcase dentro do programa de incubación artificial de ovos e cría de polos non voandeiros que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela
A xunta consultiva da Reserva dos Ancares aborda as próximas actuacións de mellora e o plan anual de caza
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, participaron na xuntanza, na que se deu conta dos traballos de roza e acondicionamento que acomete a Xunta cun investimento de 600.000 euros
A Xunta inviste arredor de 115.000 euros na reparación da ponte colgante Cal Grande e ultima o proxecto para arranxar a de Fornelos
A previsión é que as obras na primeira infraestrutura comecen a principios da vindeira semana e que estean rematadas a finais de setembro
A Xunta adquire 22 parcelas nas Fragas do Eume e eleva en case 12 hectáreas a superficie de titularidade pública neste espazo natural
As fincas repártense entre os concellos de Monfero, A Capela e Cabanas e elevan o espazo non adscrito a propietarios privados a arredor de 1.840 hectáreas
A Xunta somete a información pública o Plan de xestión do Monumento Natural a Carballa da Rocha
Todas as persoas interesadas poden enviar as súas alegacións ou suxestións preferentemente por correo electrónico ou a través do formulario habilitado a tal fin durante un mes contado a partir de mañá
A Xunta traslada ao Concello de Viveiro a necesidade de pechar o acceso ao Souto da Retorta para realizar tarefas de mantemento e garantir a seguridade
Marisol Díaz subliña que durante o verán levaranse a cabo actuacións como a eliminación de exemplares enfermos non recuperables e a poda de outros, ademais do plantado de especies autóctonas
A Xunta remite á Confederación Hidrográfica o seu informe sobre a instalación de dúas ramplas de acceso ao río Miño para habilitar unha zona de baño
No documento, que non ten carácter vinculante, conclúese que o proxecto é factible desde o punto de vista da conservación medioambiental sempre que o promotor adopte certas medidas de preservación da flora e fauna protexidas presentes na zona
A Fundación Semana Verde remata o semestre con máis dunha vintena de eventos, que se suman aos máis de 40 celebrados ao longo de 2023
O secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Francisco Javier Abad, presidiu a reunión do Padroado da entidade, no que tamén se aprobaron as contas de 2023 con superávit e facturación récord de 4,3M€