Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

21/07/2024 | 10:06 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 3 M€ en proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo

O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a resolución destas axudas, beneficiando a 20 concellos que contan con este instrumento de mobilización incluído na Lei de recuperación da terra agraria

19/07/2024 | 20:03 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural destaca a calidade dos viños da Ribeira Sacra e pon en valor o traballo dos viticultores e adegueiros

Salientou a colaboración do Goberno galego co sector vitivinícola a través da  súa Estratexia de dinamización e dun conxunto de axudas que ascenden a máis de 10 millóns de euros neste 2024 

19/07/2024 | 18:04 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o papel dos consellos reguladores na defensa da calidade alimentaria de Galicia

María José Gómez reafirmou o apoio do Goberno galego a estas entidades, co fin de afianzar o peso das producións de calidade en Galicia e tamén no panorama nacional e internacional

18/07/2024 | 16:09 | C. do Medio Rural

Medio Rural reafirma a aposta pola transformación do leite en Galicia e avoga pola colaboración entre os axentes do sector a prol da súa sustentabilidade

A titular da Consellería valorou os investimentos desta industria láctea en innovación e mellora das súas instalacións, para os que recibiu o apoio da Xunta

17/07/2024 | 17:26 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a coordinación cos consellos reguladores e cos corpos e forzas de seguridade do Estado fronte á entrada de uva foránea na vendima

 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na Subdelegación do Goberno en Ourense na habitual xuntanza anual para intensificar esa colaboración

17/07/2024 | 14:57 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 19 M€ á mellora de camiños rurais, con 583 actuacións nos concellos galegos

María José Gómez fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa no municipio de Carballedo, que contou cun orzamento de preto de 90.000€ a pasada convocatoria e tamén recibirá unha axuda similar para o período 2024-2025

16/07/2024 | 18:01 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta o pulo do sector ecolóxico certificado na comunidade galega

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse hoxe en Monforte co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

16/07/2024 | 14:11 | C. do Medio Rural

Medio Rural convoca por primeira vez unha poxa de 56 animais criados no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo os vindeiros 23 e 24 de xullo

En concreto, allearanse vacas de raza Rubia Galega destinadas para reprodución, podendo poxarse por animais sen cría ou con cría

13/07/2024 | 10:03 | C. do Medio Rural

Medio Rural amplía a formación do persoal técnico asesor con cursos sobre incorporación de activos ao agro e enxerta na vide

A primeira acción formativa terá lugar o vindeiro venres, 19 de xullo, na Cidade da Cultura de Galicia e vai dirixida ás persoas que asesoran ou acompañan a incorporación de novos agricultores