Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.611 novas:

06/07/2024 | 17:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe sete ofertas para executar a conexión da ponte internacional coa estrada autonómica PO-510, en Salvaterra de Miño

A actuación, que conta cun investimento de máis de 424.000 euros, céntrase no acondicionamento de algo máis de 350 metros de lonxitude do treito que vai da rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura

06/07/2024 | 16:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina 500.000€ á mellora de 46 equipamentos culturais en toda Galicia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude resolve as axudas coas que colabora coa renovación de centros culturais, auditorios e bibliotecas, entre outros

06/07/2024 | 16:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María Martínez Allegue visita a actuación na contorna do río Louro executada no Porriño ao abeiro do plan Hurbe

A intervención consistiu, entre outras na pavimentación do viario paralelo á vía férrea nun treito de 1,5 km coa delimitación dun carril bici direccional e unha zona de tránsito peonil

06/07/2024 | 16:07 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán para incentivar vocacións tecnolóxicas entre as nenas

As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro nas aulas da Rede CeMIT de 14 concellos galegos e unha sesión adicional no centro GaiásTech

06/07/2024 | 16:04 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a Xunta tramitará ata 2025 máis de 100 M€ en axudas vinculadas ao Mecanismo de Transición Xusta

Subliña que o Goberno galego seguirá sacando convocatorias con instrumentos financeiros para seguir apoiando o desenvolvemento industrial

06/07/2024 | 15:53 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anima a participar na Rapa das bestas, unha das festas galegas “con maior valor cultural”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, asiste a esta nova edición que se celebra na parroquia estradense de Sabucedo tras a publicación no Diario Oficial de Galicia da incoación como Ben de Interese Cultural na categoría de inmaterial

06/07/2024 | 15:24 | C. de Sanidade

Caamaño destaca a contribución de Marisa Crespo á Sanidade Pública Galega no seu nomeamento como filla predilecta da provincia de Ourense

O titular de Sanidade puxo en valor o traballo da doutora Crespo no eido das investigacións vinculadas á insuficiencia cardíaca e aos transplantes de corazón

06/07/2024 | 15:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González apela ao diálogo social e á unidade para avanzar no cooperativismo e na economía social co foco posto na dinamización do rural

O titular de Emprego felicitou ás iniciativas premiadas no Certame Cooperativismo no Ensino e nos Premios á Cooperación 2024