Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 260 novas da área temática Emerxencias da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

06/02/2023 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza os equipos de emerxencias municipais de oito concellos con vehículos todoterreo

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega das dotacións, que suman un investimento de 213.800 €

06/02/2023 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha de cada catro chamadas recibidas no Centro integrado de atención ás emerxencias - 112 Galicia acaba convertida en incidencia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presentou hoxe xunto co xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, o balance de chamadas de 2022 cun total 853.959, unha cifra similar á do exercicio anterior e lonxe do millón, que non se acada desde o ano 2017
 

06/02/2023 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

Agárdanse ventos do noroeste forza 8 e de ata 74 quilómetros por hora

06/02/2023 | 11:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca o curso selectivo para preto dun cento de aspirantes a policías locais

Desenvólvese en réxime de internado na Academia Galega de Seguridade Pública e inclúe prácticas nos respectivos concellos

26/01/2023 | 16:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Deputación de Ourense avanzan no cambio de modelo de xestión para os catro parques de bombeiros do Consorcio Provincial

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na reunión do pleno do Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento e tamén na constitución da comisión de estudo técnico-xurídica encargada de redactar a memoria xustificativa sobre o paso á xestión directa do servizo

21/01/2023 | 10:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O alumnado da 14ª promoción de Policía Local remata a súa formación na AGASP cun tramo do Camiño Portugués

Os 117 alumnos desta promoción tomarán posesión nos seus concellos de destino o 14 de febreiro

19/01/2023 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e de Lugo

Agárdanse ventos de forza 8 e mar combinada con ondas de ata 6 metros

18/01/2023 | 11:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta retirou o ano pasado máis de 22.200 niños de vespa velutina no marco do plan acordado cos concellos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuníronse hoxe con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños e da central de chamadas do 012 para abordar a renovación da encomenda
 

17/01/2023 | 14:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a alerta laranxa por nevaradas nas zonas de montaña de Lugo e Ourense ao sur da provincia ourensá

Prevense acumulacións de neve en 24 horas de 20 centímetros por riba dos 800 metros de altitude