Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 260 novas da área temática Emerxencias da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

23/06/2023 | 15:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O alumnado da 15ª promoción de Policía Local remata a primeira parte da súa formación práctica na Agasp cunha olimpíada

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na entrega de premios da ‘I Olimpíada de Policía Local de Galicia’ que se levou a cabo nas instalacións da Academia grazas á implicación do alumnado e do profesorado

23/06/2023 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Finaliza con éxito a proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

A proba comezou na xornada de onte ás 9,00 horas en Belesar e repetiuse en distintas presas ata as 13,00 horas de hoxe

22/06/2023 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, comprobou o desenvolvemento destas probas coas que garantir operatividade das sirenas e que non afectan á actividade diaria da veciñanza, pero nalgunhas zonas poden ser audibles

21/06/2023 | 12:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta crea unha unidade especializada en grandes lumes e amplía e mellora o dispositivo de loita contra os incendios forestais

Diego Calvo incidiu na importancia da colaboración da sociedade na denuncia da actividade incendiaria e na coordinación entre administracións na loita contra o lume a través deste dispositivo de máis de 7.000 efectivos

21/06/2023 | 11:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza mañá e o venres probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de ruptura

20/06/2023 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O alumnado da 15ª promoción de Policía Local formada na Agasp realiza esta semana prácticas no concello do Porriño

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiron hoxe a preto dun cento de axentes desta promoción que estes días coñecen o funcionamento diario das patrullas de Policía Local

15/06/2023 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Constituído o Posto de Mando Avanzado que coordinará o dispositivo de seguridade de máis de 500 efectivos diarios durante o festival O Son do Camiño

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o Posto de Mando Avanzado habilitado no Monte do Gozo para garantir a seguridade das 120.000 persoas que se prevé que asistan aos concertos desde hoxe ata o sábado

14/06/2023 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior de Punta Promontoiro en Mugardos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no exercicio xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros

08/06/2023 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto de 200 agrupacións de voluntarios de Protección Civil benefícianse do apoio da Xunta para gastos de funcionamento

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 euros
 

05/06/2023 | 16:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón a implicación de influencers na difusión do “sentidiño”

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, amousou o 112 Galicia a persoeiros dos eidos da comunicación e a cultura