Actualidade
Buscador de novas
A Academia Galega de Seguridade Pública celebra o Día das Familias co alumnado
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, compartiu a xornada cos familiares dos axentes da 16ª promoción de Policía Local, que rematará a súa formación na Academia en outubro antes de tomar posesión a comezos de ano
A Xunta reactiva desde o sábado as frecuencias de autobús entre A Coruña e Sada á primeira e última hora do día nas fins de semana e festivos
Os servizos saen de Sada desde as 07,30 horas os sábados e desde as 08,30 os domingos e festivos, e amplían o horario de volta da Coruña ata as 22,00 horas
A Xunta reforza o equipamento dos GES de Mos e da Guarda con furgóns de servizos varios
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega do material
Lete Lasa sinala que Moaña será o epicentro do ciclismo galego ao acoller esta fin de semana ata sete campionatos de Galicia
Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16 anos é líder da Copa de España de Estrada Feminina na categoría cadete
A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia
Fanse co obxectivo de garantir a operatividade e non afectan á actividade diaria da veciñanza, pero nalgunhas zonas serán audibles
A Xunta colabora un ano máis no Rompetiño Jump que xa é unha cita ineludible no panorama urbano nacional e mesmo internacional
O secretario xeral para o Deporte destaca que todos os seus eventos deportivos son de disciplinas olímpicas polo que “o festival contribúe a renovar a lista de olímpicos galegos e galegas que medra cada ano”
A Xunta lamenta o pasamento de José María Caneda, expresidente da Sociedade Deportiva Compostela
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou o fito do club ao conseguir o subcampionato de inverno na tempada 1995/1996
Martina Aneiros anima ás persoas consumidoras a sumarse á campaña ‘Días Azuis’ para apoiar ao comercio de proximidade
Poden sumarse á iniciativa todos os clientes do comercio galego que fagan as súas compras ata o 30 de xuño e as rexistren a través da web da campaña
A Xunta reforza as conexións de autobús entre Sanxenxo e Pontevedra durante xullo e agosto con 88 servizos adicionais á semana, dos que 58 serán directos pola AP9
A nova liña directa Sanxenxo-Pontevedra circulará pola AP9 e a AG41 para ofrecer tempos de viaxe reducidos e asegurar máis prazas dispoñibles en localidades intermedias
A Xunta realiza martes e mércores probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas
A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura