Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.291 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

02/07/2024 | 15:25 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda urxe investimentos e un calendario de actuacións para a liña de alta velocidade entre Galicia e a fronteira de Portugal

Asegura que é unha infraestrutura “prioritaria e vital para Galicia” que precisa de “planificación, orzamento e prazos concretos” por parte do Goberno central

01/07/2024 | 17:39 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a acreditación de probas en caso de agresión sexual ao potenciar a colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia

Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais

01/07/2024 | 15:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo recibe ao equipo feminino do Pescados Rubén Burela tras acadar o seu sexto campionato de liga e ao masculino polo ascenso a primeira división

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que o equipo feminino sitúase cos seis títulos ligueiros ao nivel do Futsi Atlético Navalcarnero e o Femesala Elche, ademais de contar cun extenso palmarés con, entre outros campionatos, seis Supercopas de España, seis Copas da Raíña, sete Copas de Galicia ou unha Champions

01/07/2024 | 14:29 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba o manifesto que asinará mañá de xeito conxunto coa CCDR-N para reclamar o impulso do AVE entre Galicia e Portugal

Rueda resalta que a alta velocidade Vigo-Porto-Lisboa é “un asunto absolutamente capital” que contribúe á vertebración territorial e ao desenvolvemento social e económico de España e Portugal

29/06/2024 | 21:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a industria láctea como garantía de futuro para o rural

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron ao acto de presentación de novos sabores de Bico de Xeado  

29/06/2024 | 14:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda resalta a importancia de Protección Civil para o benestar e a seguridade de todos os galegos

“Creo que temos moitas razóns para estar orgullosos da nosa Protección Civil, eses milleiros de persoas que traballan como en ningunha outra comunidade autónoma”, indicou

28/06/2024 | 21:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/06/2024 | 18:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta restablece desde o 1 de xullo as paradas nas parroquias de Carnoedo e Veigue en catro servizos de autobús que conectan Sada e a Coruña de luns a venres

Os servizos das 07,30 horas e as 08,30 horas recuperan a saída desde Sada e os que saen ás 06,30 e ás 22,00 horas de Entrexardíns prolónganse de Lorbé a Sada

28/06/2024 | 13:54 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada da Xunta en Vigo aposta por consolidar o KiteFest de Cesantes como proba de referencia internacional do deporte náutico

Ana Ortiz participou este venres na presentación da proba que se celebrará do 5 ao 7 de xullo na praia redondelana de Cesantes