Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 115 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

19/05/2023 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a preeminencia de Galicia na historia do hóckey español que cumpre cen anos

Destaca que os primeiros estatutos da Federación Galega datan de 1933, polo que neste 2023, o centenario do hóckey español coincide de xeito simultáneo co 90 aniversario do hóckey galego

17/05/2023 | 20:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
12/05/2023 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Diego Calvo destaca o Gran Fondo Ézaro como o mellor escaparate para promocionar a Costa da Morte a través do ciclismo

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación da proba que congregará o próximo 9 de xullo centos de ciclistas profesionais e afeccionados

11/05/2023 | 10:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte

A terceira edición da Liga Xunta de Galicia de Break arrinca este sábado en Lalín e percorrerá 10 localidades con máis de 120 participantes

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participaron na presentación da proba na que poderán participar persoas de 6 ou máis anos de maneira individual nas categorías de iniciación, intermedia ou avanzada ou por parellas

08/05/2023 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta ten aberto o prazo para solicitar as axudas para equipamento de deporte adaptado ata o 26 de maio

Esta nova orde de subvencións, financiada con fondos europeos Next Generation, contan cun crédito orzamentario de preto de 227.000 euros
 

04/05/2023 | 18:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia volve ser epicentro do motociclismo coa proba do Mundial de Enduro de Lalín desta fin de semana

Unhas semanas despois da proba do mundial de TrialGP en Arteixo, Lalín acollerá a segunda proba do circuíto mundial de enduro cuns 230 deportistas dos que 21 serán galegos

03/05/2023 | 15:11 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Rueda felicita o Celta Zorka Recalvi de baloncesto feminino polo seu regreso á máxima categoría

Salienta o potencial deste deporte en Galicia con tres equipos galegos na primeira división nacional

02/05/2023 | 19:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Arrancan as xornadas sobre inclusión da Escola Galega do Deporte con 55 participantes de 38 federacións

Serán catro módulos sobre o deporte como vehículo integrador, o papel do adestrador na inclusión, as etapas de desenvolvemento dos nenos e nenas e os valores do deporte inclusivo