Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 115 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

22/01/2024 | 19:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
21/12/2023 | 22:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
18/12/2023 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete visita As Neves e Crecente para supervisar as obras das súas infraestruturas municipais que se están a realizar grazas a orde de axudas da Xunta

No Concello das Neves estase a executar un novo vestiario e zona polivalente no estadio Pepe Capón cun orzamento total de máis de 65.000 euros dos que a Xunta achega o 80%

15/12/2023 | 11:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta inaugura as obras de remodelación do pavillón Agra II no que adestran clubs, entidades deportivas e centros educativos da cidade coruñesa

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor o potencial do tecido deportivo coruñés que contará cun espazo renovado

14/12/2023 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destina 50.000 € á renovación integral dos vestiarios do pavillón de Pontecesures

O investimento fai parte da liña de axudas que está a financiar melloras en infraestruturas e compra de material deportivo en preto de 40 concellos da provincia

12/12/2023 | 20:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa celebra o centenario dun Bergantiños “de todas e de todos” e que suma 588 licenzas, o 85 % delas, de base

Transmite todo o apoio da Xunta de Galicia ao Bergantiños que desde 2009 conta con diversas axudas de preto de 250.000 euros

30/11/2023 | 16:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte ; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta ratifica a unión entre turismo e deporte como caras dunha mesma moeda na inauguración de Sportur 2023 e do congreso internacional

O secretario xeral para o Deporte asegura que Galicia conta coas “ferramentas necesarias e suficientes” para recuperar os rexistros turísticos asociados ao deporte pre pandemia grazas a innumerables recursos

29/11/2023 | 17:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa visita o pavillón municipal do Porriño que nos últimos anos mellorou o seu equipamento grazas ás axudas da Xunta

Neste mesmo ano, o Concello do Porriño recibiu unha axuda de 10.000 euros para a instalación dun videomarcador ao abeiro da orde de subvencións para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, da que resultaron beneficiarios o 66 % dos concellos galegos

Secretario xeral e alcalde visitaron as zonas de adestramento de dous dos clubs máis importantes do municipio -Porriño Baloncesto Base e Club Balonmán Porriño- que foron renovadas en 2022 grazas a orde de equipamento deportivo da Xunta de Galicia cunha axuda de máis de 11.000 euros

24/11/2023 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Gabriel Alén informa aos clubs de Ourense sobre o Bono Deporte de 120 euros para rapaces e rapazas federadas de 6 a 16 anos

O delegado territorial detallou que en total serán 120 euros por neno ou nena para a adquisición de material e equipamento deportivo ou a realización de actividades deportivas a través dun desconto do 80% de cada compra ata esgotar os 120 euros
 

22/11/2023 | 19:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa lamenta a ocasión perdida coa Lei Nacional do Deporte e contrapón o traballo e a rigorosidade do tecido deportivo galego

Pon de manifesto a importancia da “intervención do Estado e dos poderes públicos no deporte, así como a regulamentación deportiva e o dereito deportivo, ámbitos que cada día xeran maior atención”