Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 167 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

10/07/2023 | 13:30 | Secretaría Xeral de Emigración

Os participantes no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración coñecen a Feira de Artesanía de Agolada e o mercado de abastos de Santiago

Durante este fin de semana, os máis de 50 galegos do exterior que participan en este curso tamén realizaron no centro de Santiago unha foliada para mostrar os bailes que están a desenvolver neste programa onde reciben docencia en baile, canto popular e pandeireta tradicional, gaita, percusión, confección de traxes e cociña galega

07/07/2023 | 14:06 | Secretaría Xeral de Emigración

Os participantes no programa Escolas Abertas visitan o obradoiro de gaitas Seivane, coñecen a música de Cupeiro e profundan nos tecidos naturais

Durante a primeira xornada deste programa da Secretaría Xeral da Emigración, os máis de 50 alumnos comezaron a recibir docencia en baile, canto popular e pandeireta tradicional, gaita, percusión, confección de traxes e cociña galega

06/07/2023 | 13:17 | Secretaría Xeral de Emigración

Os participantes no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración inician a súa formación no Centro Superior de Hostalería de Galicia

Esta mañá tivo lugar a inauguración deste programa que ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña nos centros galegos do exterior

05/07/2023 | 11:22 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda recibe aos participantes no programa escolas abertas que comeza mañá xoves no Centro Superior de Hostalería de Galicia

Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña galega

02/07/2023 | 13:18 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda analiza coas entidades galegas en Bos Aires o traballo realizado nos últimos meses en prol da colectividade

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos centros galegos de Arxentina aos que agradeceu, xunto á Delegación da Xunta en Bos Aires, a aten-ción prestada aos residentes no país así como o traballo en prol da difusión da nosa cultura

01/07/2023 | 11:05 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda mantén un encontro cos directivos da Casa de España en Río de Xaneiro, aos que agradeceu a colaboración para a atención social dos galegos residentes nesta localidade brasileira

A Secretaría Xeral da Emigración destina 25.000 euros a esta entidade co obxec-tivo de apoiar a súa oficina de información e asesoramento así como o seu centro de día para maiores

30/06/2023 | 23:01 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda destaca o “novo rexurdimento” dunha Galicia que recibe coas portas abertas a todos os que a queiran visitar, vivir ou investir nela

Incide en que a Estratexia Galicia Retorna é unha aposta de país, dirixida a facilitar o regreso dos galegos no exterior, que está a ser un auténtico referente para outras comunidades de España