Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 167 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

04/09/2023 | 14:46 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda analiza con Manuel Enríquez, presidente do Consello da Comunidade Española da Baixada Santista, a situación da colectividade no Brasil

Manuel Enríquez aproveitou a visita para valorar e agradecer a colaboración da Secretaría Xeral da Emigración no que a apoio económico, humano e social se refire

25/08/2023 | 16:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Secretaría Xeral de Emigración
24/08/2023 | 14:13 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda destaca en Marín que o retorno a Galicia dinamiza os diferentes sectores económicos galegos como o da cultura e do audiovisual

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, asistiron a inauguración do John Balan Fest, que se celebra dende hoxe e ata o próximo sábado na localidade pontevedresa e que ten como principal obxectivo conectar a creadores locais con comunidades audiovisuais internacionais

24/08/2023 | 11:24 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración duplica os recursos da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Vigo con máis técnicos laborais

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a sede situada na cidade olívica onde destacou a aposta da Xunta polo retorno coa ampliación dos técnicos destinados a apoiar aos galegos do exterior nos eidos laboral, social e xurídico na súa volta a Galicia, que contará, ademais, como no resto de Galicia dende agora con asesoramento tributario e fiscal básico

23/08/2023 | 12:28 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración potencia a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno cun servizo de atención fiscal básico

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a sede situada na capital galega onde destacou a aposta da Xunta polo retorno coa ampliación dos técnicos destinados a apoiar aos galegos do exterior nos eidos laboral, social, xurídico e tributario na súa volta a Galicia

22/08/2023 | 14:43 | Secretaría Xeral de Emigración

Galicia e Castela e León actualizan as súas accións conxuntas de apoio aos cidadáns do exterior e ao retorno

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o seu homólogo na Junta de Castilla y León, Fernando Rubio, mantiveron unha reunión de traballo para analizar cuestións como a promoción do Camiño de Santiago a través dos centros do exterior e o apoio aos cidadáns de ambas comunidades residentes noutro país

31/07/2023 | 16:37 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral de Emigración

Fabiola García pecha a súa viaxe institucional selando un compromiso de colaboración co Hogar Español de Montevideo

Asinou un protocolo de colaboración con esta entidade por valor de 20.000 euros para seguir mellorando os coidados neste centro de atención aos galegos emigrantes máis maiores

31/07/2023 | 13:25 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración convoca o programa “Reencontros con Galicia” para 119 galegos do exterior, vinculados ás entidades de América

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de facilitar o seu contacto coa realidade galega e cos seus familiares en Galicia

30/07/2023 | 14:33 | Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Política Social e Igualdade

Os mozos e mozas do programa Conecta co Camiño de Emigración rematan a súa andaina ante a Catedral de Santiago de Compostela

Este programa permitiu que 50 galegos do exterior de entre 18 e 20 anos procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizaran o Camiño Portugués pola Costa e coñeceran aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego

29/07/2023 | 11:19 | Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Política Social e Igualdade

Chegan a Galicia os mozos e mozas do exterior que participan na segunda quenda do programa Conecta con Galicia de Emigración

Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, se desenvolve no albergue de Gandarío ata o próximo 11 de agosto e ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual