Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 167 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

26/09/2023 | 14:57 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda traslada aos empresarios a oportunidade que supón para a competitividade de Galicia o retorno de profesionais de alta cualificación a través da Estratexia Galicia Retorna

O secretario xeral da Emigración clausurou o Foro Retorno Emprego organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo para coñecer, da man da Fundación Nortempo, o programa Retorna Cualifica Emprego da Xunta de Galicia

23/09/2023 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Secretaría Xeral de Emigración
22/09/2023 | 12:50 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda garante o apoio da Xunta ás galegas e galegos no exterior que decidan voltar a Galicia marcando como obxectivo 30.000 persoas retornadas en 2026

Sitúa a Galicia como pioneira na posta en marcha de medidas para facilitar o retorno e salienta o papel da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026
 

20/09/2023 | 12:54 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta de Galicia recoñecerá no consello de comunidades galegas o labor de 19 entidades do exterior con máis dun século de vida

Representantes de 80 entidades galegas do exterior daranse cita a partir de mañá, xoves, en Ourense, para a celebración do XIII pleno deste órgano
 

12/09/2023 | 15:46 | Secretaría Xeral de Emigración

Galicia comparte coa Rioxa unha xornada de traballo para afondar nas políticas de retorno

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o subdirector xeral de Cooperación Internacional e Centros no Exterior do Goberno da Rioxa, Rodrigo Carlo Teijeiro Fussi, presidiron hoxe un encontro no que se puxeron sobre a mesa experiencias comúns neste ámbito acordándose a posta en marcha de futuras accións conxuntas no exterior
 

07/09/2023 | 14:24 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración aposta por potenciar o eido de información laboral e fiscal básica na oficina integral de retorno en Ourense

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a sede situada na rúa Concello da cidade das Burgas onde destacou a aposta da Xunta polo retorno coa ampliación dos técnicos destinados a apoiar aos galegos do exterior nos eidos laboral, social e xurídico na súa volta a Galicia, que contará, ademais, como no resto de Galicia dende agora con asesoramento tributario e fiscal básico
 

06/09/2023 | 15:12 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración destaca a figura de Antonio Palacios como afianzador da identidade galega a través da arquitectura

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou a mostra “Construír a paisaxe” realizada pola artista Amelia Palacios, sobrina-bisneta do famoso arquitecto galego, co gallo do 150 aniversario do seu nacemento