Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 167 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

25/12/2023 | 10:20 | Secretaría Xeral de Emigración

Arranca a nova oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas da Secretaría Xeral de Emigración cofinanciada polo Fondo Social Europeo (programa FSE+)

Esta oficina móbil, que complementará ás xa existentes oficinas permanentes, ofrecerá unha ampla gama de servizos

23/12/2023 | 11:18 | Secretaría Xeral de Emigración

Récord histórico: 7.957 persoas retornan a Galicia en 2022, marcando un fito para a comunidade

O saldo migratorio positivo de Galicia acada cifras sen precedentes en 2022, segundo o INE: 27.251 persoas

10/12/2023 | 15:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral de Emigración

Ana Ortiz felicita á comunidade venezolana en Vigo no seu aniversario e compromete o apoio da Xunta aos retornados

A delegada territorial participou nos actos con motivo do 20 aniversario da Asociación de Amigos de Venezuela, que congregou a preto de 200 persoas

30/11/2023 | 18:37 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda recoñece na súa visita ó Centro galego de Puerto la Cruz o seu traballo incansable e o compromiso social cos galegos

O secretario xeral da Emigración recorda que esta visita reflicte a cercanía cotiá da Xunta de Galicia cos cidadáns galegos residentes nos diferentes Estados de Venezuela.

29/11/2023 | 14:28 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda viaxa a Venezuela para fortalecer os lazos coa comunidade galega e supervisar a xestión das axudas previstas pola Xunta para os galegos deste país

Esta viaxe mostra o compromiso continuo da Xunta coa súa comunidade no exterior, neste caso, cos galegos de Venezuela

26/11/2023 | 13:38 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda ratifica ante as entidades galegas de Montevideo o compromiso da Xunta coa colectividade galega cun incremento do orzamento en programas como os "obradoiros" e as "escolas abertas"

Asegurou que “celebramos a riqueza da nosa cultura e reafirmamos o noso apoio ao Centro 'Alma Gallega' e ás súas iniciativas culturais."

25/11/2023 | 11:57 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda e a embaxaidora de España en Bos Aires traballan xuntos polos galegos na Arxentina

Miranda asegurou que "esta reunión manifesta o noso firme compromiso de traballar xuntos polo benestar dos nosos compatriotas na Arxentina. Continuaremos colaborando de preto para garantir que a voz e as necesidades da nosa colectividade sexan atendidas."

16/11/2023 | 14:00 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta apoia a retornados que, como Datzaimy Suárez, apostaron por volver para formarse e poñer en marcha un negocio en Lugo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe a pastelería creativa posta en marcha por unha galega retornada de Venezuela

14/11/2023 | 15:28 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración celebra a vida e obra de Federico mediante, “Un galego de corazón”, na presentación da súa biografía literaria

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou, na presentación desta obra, xunto ao vicepresidente do CCG, Xosé Manoel Núñez Seixas, destacando a figura deste asturiano emigrado en Arxentina que deixou un legado de máis de 270 obras