Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 167 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

28/02/2023 | 16:13 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta ofrece aos galegos de Alemaña a posibilidade de retornar a Galicia a través de programas específicos para estudar ou traballar

O secretario xeral da Emigración exporá esta fin de semana en Bonn e Frankfurt a Estratexia Galicia Retorna 2023-26, integrada por un cento de iniciativas que abordan todos os eidos que garanten a plena integración das persoas que regresan

25/02/2023 | 18:43 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta expón en Zúrich os detalles do Programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrece 400 postos de traballo en Galicia para emigrantes e os seus descendentes

O secretario xeral da Emigración explicou, da man da entidade As Xeitosiñas, as liñas básicas desta medida, promovida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e incluída na Estratexia Galicia Retorna 2023-26

25/02/2023 | 11:13 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Miranda salienta en Xenebra que o Programa Retorna Cualifica Emprego é “o pulo definitivo para facilitar o regreso dos galegos do exterior”

O secretario xeral da Emigración explicou, da man da entidade A Nosa Galiza en Xenebra, as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegos do exterior

24/02/2023 | 19:02 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda salienta en Xenebra que o Programa Retorna Cualifica Emprego é “o pulo definitivo para facilitar o regreso dos galegos do exterior”

O secretario xeral da Emigración explicou, da man da entidade A Nosa Galiza en Xenebra, as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegos do exterior

23/02/2023 | 13:32 | Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As circunstancias coas que se enfrontaron no retorno centran o encontro entre Emigración e os bolseiros BEME da UDC

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantiveron un encontro con estes alumnos que se benefician dunha das liñas de apoio ao retorno que forman parte da Estratexia Galicia Retorna

22/02/2023 | 18:01 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta celebrará en Galicia a finais de setembro o Consello de Comunidades Galegas

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, no que se estableceron os relatorios que serán obxecto de traballo neste encontro e que estarán centrados nos eidos da galeguidade, a cultura, o ámbito social e o retorno

20/02/2023 | 13:55 | Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presentará en Suíza, o país europeo con maior colectividade galega, a estratexia Galicia Retorna

O secretario xeral da Emigración explicará esta fin de semana en Xenebra e Zurich as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegos do exterior