Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 167 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

12/05/2023 | 10:58 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración inaugura en Lisboa o novo ciclo Mestre Mateo que achega o cine feito en Galicia aos centros galegos do exterior da man da Academia Galega do Audiovisual

Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende maio a novembro os mellores documentais e películas dos premios do cine galego do mesmo nome

11/05/2023 | 15:29 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e Fundación Ronsel colaborarán na formación para acadar a empregabilidade de máis de 300 galegos retornados, tanto por conta allea como no autoemprego

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou hoxe, co re-presentante da Fundación, Luis García Deber, o convenio que permite a posta en marcha do programa de apoio para emprendedores retornados Merlo e para novos obradoiros, cursos e itinerarios individualizados de inserción laboral e coñecemen-to do mercado laboral galego

09/05/2023 | 14:09 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e a Federación de Venezolanos de Galicia renovan o seu convenio de colaboración para manter as súas oficinas de información aos retornados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegáronse ata a sede desta entidade na cidade olívica para asinar o acordo que permite destinar 50.000 euros a esta federación

29/04/2023 | 21:37 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda destaca o traballo do Centro Gallego de Mallorca pola galeguidade durante a inauguración da súa nova sede

O secretario xeral da Emigración asistiu á inauguración da nova sede da entidade que conta con máis instalacións que permitirán dinamizar as actividades e atraer á colectividade galega máis nova da illa

28/04/2023 | 12:16 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración destina 7.500 euros á Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (Aeru) co obxectivo de continuar co seu labor de información

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, firmou esta mañá o convenio que permitirá manter o asesoramento dos galegos do exterior da provincia de Pontevedra que deciden regresar a Galicia

25/04/2023 | 11:50 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda asina un acordo de colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo para reforzar a atención aos galegos retornados nesta provincia

Rioplatentes súmase o labor de información e asesoramento aos retornados que leva tamén a cabo a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situada na Delegación da Xunta en Lugo

24/04/2023 | 12:31 | Secretaría Xeral de Emigración

Unha deseñadora galega retornada crea moda circular en Lugo apoiada pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe o obradoiro desta creadora retornada de Brasil que deseña coleccións que xa desfilaron na Fashion Week

21/04/2023 | 13:06 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración abre a convocatoria do programa “Conecta con Galicia”, que posibilitará a convivencia en Galicia este verano de 60 mozos e mozas galegas do exterior

Este programa ten coma obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual