Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 167 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

25/05/2023 | 13:13 | Secretaría Xeral de Emigración

250 galegos retornados fórmanse para acceder a un posto de traballo por conta allea no programa de empregabilidade coordinado por Emigración e Ronsel

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nunha das actividades formativas que pon en marcha a Fundación Ronsel para axudar na inser-ción laboral e no coñecemento do mercado laboral galego para persoas galegas re-tornadas

19/05/2023 | 13:09 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda saúda aos case 100 emprendedores retornados que iniciaron o programa Merlo de mentorización da man da Fundación Ronsel

O secretario xeral da Emigración participou nas xornadas en liña que desenvolveu a entidade e que teñen como obxectivo aportar as ferramentas necesarias para que estes empresarios retornados poñan en marcha iniciativas con proxección de futuro

18/05/2023 | 13:19 | Secretaría Xeral de Emigración

Máis de 600 galegos universitarios do exterior interesáronse por conseguir unha bolsa BEME para estudar un mestrado en Galicia o próximo curso

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende 35 países de tódolos continentes