Actualidade
Buscador de novas
O Sergas adapta as bases do procedemento do concurso de traslados do persoal estatutario para incentivar a cobertura de prazas de médicos nos hospitais comarcais
Co obxecto de impulsar a provisión de postos de difícil cobertura, os servizos prestados por facultativos especialistas nos hospitais dos distritos sanitarios de Cee, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín e O Barco de Valdeorras, computarán o triplo no concurso de traslados
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pide extremar as precaucións para previr accidentes de tractor nas tarefas agrícolas
Os sinistros provocados por carencias técnicas ou do mantemento do vehículo, condicións meteorolóxicas e do terreo adversas, entre outras, converten os accidentes de tractor nunha das principais causas de sinistralidade e mortalidade no campo
O DOG publica a encomenda do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas das obras da fase 2 do CHUF
A fase final das obras ten tres obxectivos principais, a reforma das unidades de hospitalización da zona sur do Marcide; a reforma dos bloques cirúrxicos do Marcide e do Naval; e, ademais, a reforma dos gabinetes de especialidades e os laboratorios de análise clínica e de microbioloxía
Galicia rexistra un total de 1.082 casos activos por coronavirus
Un total de 694.199 pacientes xa están curados
O Sergas organiza actividades para mellorar o coñecemento sobre a hixiene de mans nos centros asistenciais
O departamento sanitario galego súmase á conmemoración da Xornada Mundial de Hixiene das Mans, promovida pola Organización Mundial da Saúde
Galicia rexistra un total de 987 casos activos por coronavirus
Un total de 694.186 pacientes xa están curados
O Sergas publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal médico
Xeráronse un total de 2.330 inscricións
Galicia rexistra un total de 905 casos activos por coronavirus
Un total de 694.165 pacientes xa están curados
Galicia rexistra un total de 885 casos activos por coronavirus
Un total de 694.090 pacientes xa están curados
O 061 de Galicia asistiu 81 persoas por 68 accidentes de tráfico durante a ponte do Día do Traballo
Desde as 15,00 horas do venres, 28 de abril ata as 23,59 horas do luns, 1 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 75 chamadas por accidentes de tráfico