Actualidade
Buscador de novas
As probas da fase de oposición do Servizo Galego de Saúde para o acceso ás 271 prazas de médico de familia acadan o 81,35 % de participación
Dos 606 aspirantes presentáronse á realización das probas 493 opositores
A Xunta aconsella precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras na noite de San Xoán
A Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 reforza o seu persoal ante o incremento do número de chamadas por intoxicacións, accidentes de tráfico ou queimaduras
A Xunta aposta polo diálogo, a cooperación e o entendemento cos profesionais para orientar as políticas sanitarias nos vindeiros anos
A Consellería de Sanidade agradece a disposición ao entendemento manifestada polos Colexios Oficiais de Médicos
A Xunta destina preto de 228.000 euros a sufragar os gastos veterinarios e de materiais das ADSG do Deza-Tabeirós
O delegado territorial visitou as instalacións da ADSG Xundeva, que recibiu unha achega total de 145.400 euros na última convocatoria
Máis de 600 facultativos están convocados aos exames da categoría de médico de familia do Servizo Galego de Saúde
O Recinto Feiral de Silleda acollerá este domingo, 23 de xuño, as probas do concurso-oposición para o acceso ás 271 prazas ofertadas pola Xunta nesta especialidade
A nova ambulancia do 061 con base na Veiga segue a reforzar a cadea de protección cardiopulmonar nas zonas rurais
A ambulancia, que comezou a prestar servizo este martes, 18 de xuño ás 00,00 horas, estará operativa as 24 horas do día, os 365 días do ano
O Servizo Galego de Saúde publica a relación de admitidos no proceso selectivo de estabilización para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario
Resultaron admitidos 1.616 aspirantes para 266 prazas
A Xunta avanza que este verán Sanxenxo contará cun reforzo de 4 médicos e Vilagarcía cun 3º equipo de PAC
O xerente do Servizo Galego de Saúde garante unha asistencia de calidade tamén durante o verán grazas ao plan de medidas para o reforzo da atención primaria aprobado pola Xunta
A directora da Axencia Galega de Doazón destaca o labor solidario de Margarita Hermo Figuera, nova embaixadora de honra da Fundación Stop Leucemia
A directora de ADOS Marisa López salienta a solidariedade e o compromiso dos galegos en materia de doazóns, xa que Galicia conta con preto de 15.000 persoas inscritas no Rexistro de doantes de medula ósea
A Xunta dá un paso máis para garantir o acompañamento e o contacto pel con pel durante as cesáreas en todas as áreas sanitarias
A nova Guía de acompañamento da muller e do contacto pel con pel na cesárea procura mellorar o benestar das mulleres embarazadas e fomenta o vínculo temperán entre nai e fillo