Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

26/05/2023 | 14:50 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia adestra en soporte vital básico a 170 escolares da Estrada co gallo do Día Internacional das Urxencias e Emerxencias

Desde o ano 2009 Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desenvolve o programa RCP na aula que formou a máis de 17.800 escolares en técnicas de reanimación cardiopulmonar básica

26/05/2023 | 10:42 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade remarca o traballo imprescindible e clave que realizan os técnicos en coidados auxiliares de enfermería

Na actualidade, o Sergas ten en marcha convocatorias para estabilizar máis de 1.000 prazas de técnicos de coidados auxiliares de enfermería

25/05/2023 | 16:38 | C. de Sanidade

Comesaña destaca o labor do persoal de enfermería do Sergas no coidado dos pacientes con enfermidades urolóxicas

Durante os días 25, 26 e 27 de maio, Santiago de Compostela acolle un Congreso no que profesionais nacionais e internacionais de Enfermería, procurarán avanzar cara á excelencia no coidado de pacientes con trastornos urolóxicos

25/05/2023 | 15:21 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade pon en valor a Unidade de Oncoloxía Pediátrica de Galicia na mellora da atención e do coñecemento nesta disciplina

O 2º Congreso Ibérico de Hematoloxía e Oncoloxía Pediátricas reúne a expertos de toda España e Portugal, en Santiago de Compostela

25/05/2023 | 14:29 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade
25/05/2023 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta actualiza o Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia para garantir este verán a cobertura das emerxencias nas zonas de baño

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión do comité asesor do Sapraga

24/05/2023 | 18:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade; C. do Medio Rural

A Xunta descarta, tras varias inspeccións técnicas, que a praga de moscas do Val estea relacionada coa actividade das granxas da zona

Martina Aneiros lembrou que o control das pragas non é unha actividade prestada pola administración autonómica e que os Concellos son autoridade sanitaria e teñen competencias de control ambiental e sanitario

23/05/2023 | 12:36 | C. de Sanidade

Galicia formará 2.000 residentes sanitarios durante o ano 2023/2024

Tras a recente asignación de prazas formativas, a comunidade contará cun total 1.977 profesionais en formación, ao incorporarse 587 novos residentes á rede sanitaria pública galega

23/05/2023 | 11:09 | C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica a encomenda do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas para a redacción do proxecto de construción do novo centro de saúde de Noia

O convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Noia permitirá erguer un novo centro sanitario que superará en máis do dobre a superficie do inmoble actual, pasando dos 1.780 metros cadrados, aos máis de 4.200 m2 cos que contará a nova infraestrutura