Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

26/06/2024 | 20:03 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño valora a celebración en Galicia do Congreso europeo de páncreas, situando á comunidade como referente

Destaca o labor da sanidade pública galega e iniciativas como a do Club europeo pancreático de cara a facilitar o intercambio de coñecemento na materia

26/06/2024 | 18:51 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade avanza a posta en marcha dun Plan especial de atención á cronicidade con asistencia a domicilio no concello de Cervantes

Gómez Caamaño remarca que a veciñanza de Doiras terá totalmente garantida a asistencia sanitaria durante os meses de verán

26/06/2024 | 18:32 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade avanza que a Xunta cubrirá con dous facultativos as vacantes no centro de saúde do Valadouro, garantindo a asistencia no verán

Sinala que o Plan de cobertura e reforzos en atención primaria no verán da Xunta permite que un dos médicos residentes que se forma na Mariña axude no verán neste centro de saúde

25/06/2024 | 12:16 | C. de Sanidade

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia humanizan a estancia de nenas e nenos hospitalizados con obradoiros de robótica

Empresas do ámbito tecnolóxico galego impartirán dúas sesións ao ano en cada unha das sete áreas sanitarias para reducir o estrés que implica o ingreso a través do xogo

24/06/2024 | 17:48 | C. de Sanidade

A Xunta prioriza a garantía dos dereitos dos pacientes no Plan de inspección de servizos sanitarios 2024-2027

Reforzarase a inspección de servizos, centros e establecementos sanitarios, o control da situación de incapacidade temporal en colectivos con elevado índice de absentismo e a avaliación do transporte sanitario para garantir servizos de calidade

24/06/2024 | 17:42 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta a vontade da Xunta de continuar a reforzar a atención á saúde mental coa creación dunha subdirección xeral propia

A Consellería de Sanidade vén colaborando con FEAFES mediante o apoio económico para o desenvolvemento de diferentes programas de apoio a pacientes

24/06/2024 | 11:17 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 48 persoas por 41 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 21 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 23 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 53 chamadas por accidentes de tráfico