Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

04/09/2023 | 15:27 | C. de Sanidade

A Xunta confirma a presenza de mosquito tigre no Concello de Redondela

A identificación dun exemplar foille comunicada ao Concello, que se incorporará ao comité técnico para o control deste vector

04/09/2023 | 14:08 | C. de Sanidade

A Xunta inicia no hospital do Barco de Valdeorras a ampliación da idade máxima para participar no programa de detección de precoz do cancro de mama

Sobe ata os 74 anos, polo que se estima que a poboación diana se incrementará nun 25%, o que supón 100.000 mulleres máis
 

04/09/2023 | 11:15 | C. de Sanidade

A Unidade de Radiofármacos da Sanidade Pública Galega proba con éxito a súa máxima seguridade nun simulacro de incendio

Este exame avala a máis alta garantía de calidade da unidade de radiofarmacia, renovada recentemente pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios

04/09/2023 | 10:21 | C. de Sanidade

O 061 de galicia asistiu 74 persoas por 53 accidentes de tráfico durante a fin de semana da operación retorno do verán

Desde as 15,00 horas do venres, 1 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 3 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 62 chamadas por accidentes de tráfico

01/09/2023 | 14:10 | C. de Sanidade

A Xunta inviste preto de 2,5 M€ para a automatización dos servizos de farmacia hospitalarios

O Sergas saca a licitación a compra de equipamento de farmacia para estender o Programa de Atención Farmacéutica nas Residencias Sociosanitarias de Galicia e para a automatización das plantas de hospitalización do Hospital de Conxo
 

01/09/2023 | 13:54 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía a doar nesta fin de semana de setembro

As dez unidades móbiles de ADOS estarán, nesta semana, en máis de 40 concellos co fin de garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos dos hospitais da nosa Comunidade

01/09/2023 | 13:26 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia lembra a importancia da colaboración cidadá nos accidentes de tráfico no inicio da operación retorno

Adopte as medidas de seguridade axeitadas, sen poñer en perigo a súa vida, para evitar aumentar o número de vítimas

31/08/2023 | 15:19 | C. de Sanidade

A Escola Galega de Saúde Pública da Consellería de Sanidade celebrou en Pontevedra a I Xornada Galega de Xestión Integral do Mosquito Tigre

O edificio administrativo da delegación territorial da Xunta en Campolongo acolleu este evento, que inaugurou a xefa territorial de Sanidade de Pontevedra, Natalia Botana Rey, acompañada pola subdirectora xeral de programas de control de riscos ambientais para a saúde da Dirección Xeral de Saúde Pública, Ines Mato Naveira

31/08/2023 | 13:35 | C. de Sanidade

A Xunta e o concello de Cospeito investirán máis de 70.000 euros en obras de reforma do centro de saúde

O conselleiro de Sanidade e o alcalde asinaron o convenio de colaboración que permitirá executar as obras de reforma e o financiamento entre ambas administracións