Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

17/09/2023 | 11:23 | C. de Sanidade

Chegan a Galicia as primeiras 10.900 doses do anticorpo monoclonal do virus sincitial respiratorio

O vindeiro 25 de setembro, a Xunta comezará a inmunizar a todos os nenos e nenas que nazan nos centros hospitalarios galegos, e tamén citará aos nenos prematuros (nados desde o 1 de outubro de 2021) e aos menores de alto risco con menos de 24 meses

16/09/2023 | 13:40 | C. de Sanidade

A Xunta conmemora o Día Mundial do Doante de Medula Ósea salientando a importancia desta forma de doazón

Julio García Comesaña participa en Vigo no acto organizados por ADOS con motivo do Día Mundial do Doante de Medula Ósea
 

15/09/2023 | 17:30 | C. de Sanidade

26 concellos galegos fanse co ouro no marco do programa Praias Sen Fume da Xunta

Cabanas e Oleiros súmanse por primeira vez a esta categoría, tras declarar todos os seus areais libres de fume

15/09/2023 | 13:49 | C. de Sanidade

Máis dun millón de persoas acceden xa á súa historia clínica grazas á plataforma É-saúde

A subdirectora xeral de Humanización e Atención á Cidadanía do Sergas participa na mesa de debate sobre Escolas de Pacientes organizada polo Ministerio de Sanidade

15/09/2023 | 12:23 | C. de Sanidade

A Xunta presenta a campaña de vacinación conxunta fronte á gripe e a Covid 19

Comezará o vindeiro día 25 de setembro e prolongarase ata o 31 de decembro

14/09/2023 | 18:00 | C. de Sanidade

O Sergas realiza 208 intervencións de cirurxía robotizada a pacientes con problemas de próstata

O departamento sanitario galego conmemora o Día Europeo da saúde prostática, e sinala que, durante 2022, realizáronse no Sergas 238.988 analíticas para valorar o Antíxeno Prostático Específico (PSA), 7.205 biopsias prostáticas e 3.011 RM prostáticas

14/09/2023 | 15:25 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A campaña de vacinación fronte a gripe e o covid arrancará o 25 de setembro nas residencias de maiores e persoas con discapacidade

Rueda resalta que apostar pola vacinación como medida de prevención para adiantarse aos problemas de saúde é un dos obxectivos da Estratexia galega de saúde 2030 que inicia hoxe a súa tramitación

13/09/2023 | 13:46 | C. de Sanidade

A Xunta investirá máis de 145.000€ na instalación dunha caldeira de biomasa no centro de saúde de Boiro

O delegado territorial, Gonzalo Trenor López, avanzou que este investimento se inclúe no contrato valorado en 1,5 M€ que a Consellería de Sanidade acaba de sacar a licitación e que introducirá enerxías renovables en 14 centros de saúde galegos

13/09/2023 | 13:27 | C. de Sanidade

A nova resonancia magnética do CHUAC, adquirida pola Xunta, realiza 1.307 estudos radiolóxicos nos catro primeiros meses

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, visita o CHUAC, onde se instala o equipo, valorado en preto de 1,5 millóns de euros

13/09/2023 | 13:22 | C. de Sanidade

Sanidade e Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra inician unha campaña de información en farmacias sobre prevención e control do mosquito tigre

A subdirectora xeral de programas de control de riscos ambientais para a Saúde visita unha farmacia de Moaña cun cartel informativo sobre a campaña