Actualidade
Buscador de novas
O Sergas garantirá a percepción das retribucións variables derivadas de gardas e atención continuada nos casos de baixa por enfermidade grave oncolóxica
A medida, que entrará en vigor en 2024 e que xa existe para diversas situacións derivadas de maternidade ou paternidade, estenderase á incapacidade temporal por enfermidade común producida durante o embarazo e tamén para incapacidade derivada de procesos oncolóxicos durante o seu tratamento e restablecemento
A Xunta confirma a presenza do mosquito tigre no Concello de Vilaboa
A identificación dun exemplar foille comunicada ao Concello, que se incorporará ao comité técnico para o control deste vector
Galicia, pioneira nun ensaio clínico sobre a eficacia da vacina de alta carga da gripe
Máis de 450.000 galegos de entre 65 e 79 anos son invitados a participar nun estudo sobre a vacinación da gripe
O Sergas publica a baremación definitiva do proceso selectivo de estabilización por concurso de méritos para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria
Resultan seleccionados con praza fixa -sen exame- 42 profesionais médicos/as de familia de atención primaria, dando comezo o prazo para a elección de destino
A Xunta construirá un novo centro de saúde no Carballiño dunha dimensión de 4.500 metros cadrados
O Goberno galego e o Concello do Carballiño asinan o convenio para a execución das obras de construción
A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde lidera o novo programa eurorrexional para o fomento da innovación e transferencia de resultados en investigación biomédica
O proxecto ‘Transfiresaúde’ impulsará a integración do ecosistema de I+D+i en saúde transfronteiriza para abordar retos conxuntos con Portugal, como é o caso do envellecemento activo e saudable e a medicina personalizada
O conselleiro de Sanidade subliña a necesidade de traballar na sensibilización da xuventude sobre a doazón de medula ósea
Julio Garcia Comesaña preside o acto de entrega dos premios do VIII Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes de medula ósea
O Sergas publica a resolución definitiva do concurso de traslados aberto e permanente da categoría de medicina de familia de atención primaria
Resultan adxudicatarios de destino un total de 157 médicos e médicas de familia
Sanidade remarca a importancia dos programas de formación á poboación para axudar ás persoas que sofren unha parada cardíaca extrahospitalaria
A realización de manobras por parte de quen presenza a parada é fundamental, xa que duplica o tempo de mantemento da vítima en condicións óptimas permitindo a chegada dos equipos de emerxencias
Sanidade organiza a II Xornada Galega de Saúde Pública na que se abordará a prevención das enfermidades e a promoción de estilos de vida saudables
Serán inauguradas pola directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo