Actualidade
Buscador de novas
Comesaña pon en valor a dieta atlántica na clausura do salón Xantar de Ourense
O conselleiro de Sanidade avanzou que se superaron as 150.000 consultas dos 94 novos nutricionistas de atención primaria
O Sergas asina o seu compromiso cos obxectivos de redución de combustibles fósiles na Conferencia das Nacións Unidas da COP28
O Servizo Galego de Saúde reafirma os deberes marcados en canto á descarbonización, coa sinatura da carta aberta da comunidade médica e sanitaria mundial para instar á presidencia da COP28 e aos líderes mundiais sobre a necesidade de eliminar o emprego de combustibles fósiles
As probas da OPE do Sergas para o acceso á categoría de persoal de servizos xerais (PSX) acada o 71’3 % de participación
O conselleiro de Sanidade asistiu ao comezo das probas no Recinto Feiral de Silleda, onde salientou a aposta da Xunta por continuar a incrementar o número de prazas destinadas a persoas con discapacidade
Máis de 30 expertos participarán no II Congreso de Igualdade e Recursos Humanos nos Servizos Públicos de Saúde
Entre as xornadas do 29 de novembro ao 1 de decembro, o Servizo Galego de Saúde organizará un evento que converterá Compostela no epicentro do debate das políticas de organización e xestión do persoal sanitario, así como de xénero e igualdade
O DOG publica a aprobación do proxecto de interese autonómico que permitirá a construción do Novo Hospital Público da Coruña
O Diario Oficial de Galicia tamén publica hoxe o Decreto de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por esta actuación
O convenio da Xunta con Asfedro increméntase en máis dun 20% durante a presente lexislatura
A Xunta realizou unha achega de 50.000 euros para a substitución da cuberta envolvente da comunidade terapéutica “O Confurco”
ADOS alcanza as 653 doazóns de sangue na cuarta campaña anual que realizou nas instalacións de Stellantis Vigo
O centro vigués acolleu durante a segunda quincena de outubro e principios de novembro a cuarta e última visita anual das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
A Xunta aumenta en máis dun 60 % o investimento para prazas concertadas en centros de rehabilitación de saúde mental
O conselleiro de Sanidade visita o novo Centro de Rehabilitación Psicosocial de Doa en Vigo, e pon en valor o programa para a intervención precoz en psicose
Máis de 16.000 persoas concorrerán esta fin de semana nos exames da OPE do Sergas das categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería
Están convocadas 6.700 persoas na categoría de persoal de servizos xerais e 9.541 na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería