Actualidade
Buscador de novas
Os servizos do Sergas de cirurxía xeral e dixestivo, de traumatoloxía e de anxioloxía e cirurxía vascular rexistran os segundos mellores tempos de espera do sistema nacional de saúde
O sistema sanitario público galego consegue unha media de espera en cirurxía xeral e de dixestivo e en anxioloxía e cirurxía vascular de 55 e 48 días respectivamente, arredor da metade da media nacional
Galicia sitúase como a segunda comunidade autónoma con mellores datos de listas de agarda para cirurxías
O tempo medio de espera en Galicia redúcese ata situarse en 66 días, mentres que a media estatal é de 112 (46 días menos que a media española)
A Xunta sitúa o futuro Centro Integral de Saúde en Carballo como o próximo gran fito da sanidade pública da comarca de Bergantiños
Comesaña agradece ao alcalde de Carballo o esforzo para obter a primeira das tres parcelas necesarias para poder aumentar en case un 50% a superficie do actual centro
O Sergas aproba en mesa sectorial a nova OPE que oferta máis de 1.200 prazas
O Servizo Galego de Saúde ofertará 168 prazas de persoal licenciado sanitario, 958 de diplomado sanitario e de formación profesional e 81 de xestión e servizos
A Xunta facilita durante esta fin de semana a vacinación fronte á gripe dos menores de entre 6 e 59 meses no conxunto dos hospitais galegos
A Dirección Xeral de Saúde Publica enviou SMS de citación ás familias con nenos e nenas deste tramo de idade, para que poidan acudir aos hospitais galegos a vacinarse fronte á gripe, durante as xornadas do sábado e domingo
Xunta e concello de Malpica ratifican o convenio que permitirá obter a parcela para o futuro centro de saúde
O Goberno galego comprométese a construír un centro de saúde de 1.000 m2 na parcela que expropiará o concello
A Xunta forma os primeiros Yam helpers que colaborarán no desenvolvemento do novo programa de prevención de condutas suicidas entre a mocidade
Máis de 70 residentes das especialidades de psiquiatría, psicoloxía e enfermería especializada en Saúde Mental, recibiron hoxe formación específica para colaborar no Proxecto YAM (Youth Aware of Mental Health)
O conselleiro de Sanidade pon en valor os proxectos participantes na IV edición dos International Zendal Awards
Tal e como remarcou Julio García Comesaña, estes proxectos, que abordan a investigación e a innovación no campo da biotecnoloxía, achanzan o camiño cara un futuro máis saudable e sostible
A Xunta destaca a súa estreita colaboración coa facultade de Medicina na formación do futuro persoal médico da sanidade galega
Os conselleiros de Sanidade e Educación participaron hoxe na inauguración da 84ª Asemblea xeral de decanas e decanos das facultades de medicina españolas
Galicia segue a apostar pola saúde cun dos calendarios de inmunización máis completos do mundo
Máis de 450.000 galegos de entre 65 e 79 anos son invitados a participar no proxecto Galflu, un dos ensaios clínicos de maiores dimensións en España