Actualidade
Buscador de novas
O Sergas vai elaborar un procedemento de cribado de violencia de xénero en menores e adolescentes
Tamén ten previsto desenvolver un procedemento fronte á violencia na infancia e adolescencia, que incluirá a atención no caso de agresións sexuais
A Xunta sobe nun 10 % o investimento para investigación sanitaria reflectido nos presupostos para 2024
Esta achega pasa de 2,3 millóns no 2020 a 6,3 no 2024, triplicando practicamente o seu importe ao longo desta lexislatura
A Sanidade pública galega galardoada con seis premios e unha mención de honra nos Best in class 2023
Estes premios recoñecen publicamente os mellores centros sanitarios, así como os mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, na procura da excelencia na atención que prestan aos seus pacientes
A Consellería de Sanidade colabora con Portugal na investigación sobre o gromo de lexionella detectado no Baixo Miño
O equipo da Dirección Xeral de Saúde Pública, con Carmen Durán á cabeza, reuniuse cos seus homólogos do país luso, para intercambiar información sobre os casos de lexionella galegos e os detectados no norte de Portugal, concretamente na localidade de Caminha
A Xunta supera o medio millón de persoas vacinadas contra a covid-19
A Dirección Xeral de Saúde Pública confirma que os equipos de enfermería das sete áreas sanitarias foron quen de administrar xa 509.471 doses da vacina contra a covid-19, desde o inicio da campaña 2023
A Xunta licita por máis de 2,8 M€ a execución das obras do novo centro de saúde de Abegondo
A construción deste centro sanitario vai permitir renovar unha infraestrutura que ten xa máis de 35 anos e favorecerá unha atención máis integral a case 5.000 pacientes
O Sergas publica a resolución definitiva do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2023 para as categorías de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos
No ciclo de adxudicación correspondente a este ano resultan un total de 921 destinos adxudicados
A Xunta completa a renovación do equipamento do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia para multiplicar a súa capacidade analítica
O Goberno galego destinou a este reforzo dos sistemas de saúde pública case 1,5 millóns de euros procedentes dos fondos europeos de recuperación trala COVID
A Xunta regula o rexistro galego de tumores para reforzalo como fonte de información para a investigación oncolóxica
Créase o Consello de asesoramento do rexistro dirixido por Saúde Pública e con facultativos especialistas
A Xunta constata o descenso da densidade de mosquito tigre pola baixada das temperaturas e as intensas chuvias
Este venres celebrouse a última reunión do ano do comité técnico do mosquito tigre coa participación dos concellos nos que se identificara a súa presenza