Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

16/02/2024 | 18:48 | C. de Sanidade

Abertas ao uso desde hoxe 141 novas prazas de estacionamento habilitadas polo Sergas na contorna do CHUS

Desde hoxe mesmo, pódese estacionar na parcela que vén de ser acondicionada na Travesía da Choupana (fronte á entrada principal do Hospital Gil Casares)

16/02/2024 | 09:40 | C. de Sanidade

A consellería de Sanidade publica a orde que amplía os gastos de compensación derivados dos traslados dos pacientes e abona a manutención e hospedaxe

A Xunta actualiza as contías dos gastos por desprazamento, ampliando o ámbito de actuación a gastos antes non previstos

14/02/2024 | 19:07 | C. de Sanidade

Comesaña agradece ao persoal de Saúde Pública o traballo a prol do Observatorio galego que albergará información sanitaria da nosa comunidade

Galicia pon a disposición da cidadanía unha plataforma tecnolóxica que aposta pola integración da información acerca da nosa saúde

14/02/2024 | 13:40 | C. de Sanidade

O Sergas difunde o ensaio clínico que permitirá a pacientes galegos con linfomas beneficiarse dun novo tratamento con CAR-T

O Servizo Galego de Saúde colabora co Hospital Clínic de Barcelona na última fase do desenvolvemento dun fármaco que abre a posibilidade dun novo tratamento terapéutico para determinados cancros

13/02/2024 | 12:55 | C. de Sanidade

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde forma o persoal médico galego sobre os aspectos da enfermidade cardiovascular nas mulleres

Profesionais da medicina no Sergas disporán dunha formación online acreditada para coñecer os puntos máis relevantes e específicos da patoloxía cardiovascular nas mullerez grazas ao curso que ofrece a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), en colaboración coa Compañía Organon

12/02/2024 | 13:14 | C. de Sanidade

Comesaña anuncia a inminente cobertura de catro prazas fixas de pediatra no concello de Verín

Dúas destas prazas son no centro de saúde e as outras dúas no hospital comarcal

12/02/2024 | 10:12 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 81 persoas por 59 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 9 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 11 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico

10/02/2024 | 12:09 | C. de Sanidade

Preto de 1.800 persoas preséntanse ás oposicións do Servizo Galego de Saúde desta fin de semana

A participación da categoría de fisioterapeuta foi do 85 %; de enfermeira especialista en enfermaría familiar e comunitaria, do 83 %; de técnico superior en hixiene bucodental, do 82 %; e de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, do 64 %

09/02/2024 | 19:12 | C. de Sanidade

A Xunta celebra que o Ministerio de Sanidade atenda por fin a petición de permitir formar máis médicos de familia

A revisión dos requisitos de acreditación de centros para permitir formar residentes en máis deles era un compromiso incumprido polo Goberno de España desde o ano 2018

09/02/2024 | 15:30 | C. de Sanidade

A Xunta licita por un millón de euros a obra dun novo laboratorio de microbioloxía e dunha nova área de cardioloxía no hospital de Monforte

Estas novas áreas instalaranse nos espazos contiguos aos do novo laboratorio de análises clínicas e de bioquímica que entrou en funcionamento hai un ano