Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

25/02/2024 | 16:56 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade en funcións participa na II edición da carreira “CORREMOS contra o cancro”

Por segundo ano consecutivo, García Comesaña participa neste evento deportivo que organizan a Asociación Español Contra o Cancro e o Concello de Mos

25/02/2024 | 12:13 | C. de Sanidade

A pilotaxe de transporte sanitario eléctrico do Sergas recoñecido como iniciativa de éxito pola Health Care Without Harm

O departamento sanitario da Xunta iniciou en 2021, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, a transición cara o uso de vehículos eléctricos na rede pública galega

24/02/2024 | 19:02 | C. de Sanidade

Galicia e Cataluña reúnense para intercambiar experiencias na atención a pacientes crónicos complexos

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, comparte coa Dirección de atención integrada social e sanitaria de Cataluña as iniciativas galegas que se están a desenvolver

23/02/2024 | 13:00 | C. de Sanidade

Máis de 40 profesionais da Área de Saúde Mental do Sergas participan nun curso de intervención na prevención do suicidio

O psiquiatra do Servizo Vasco de Saúde Jon García Hormaza, e o profesor de psicoloxía da Universidade do País Vasco, Alexander Muela, explicaron en detalle o programa SUPERA, baseado nas probas científicas

22/02/2024 | 19:32 | C. de Sanidade

Comesaña pon en valor a estratexia global de xestión do cancro en Galicia que fai fincapé no ámbito da prevención

O conselleiro de Sanidade destaca as iniciativas postas en marcha pola Xunta neste campo, como son a Estratexia de Oncoloxía de Precisión, o Centro de fabricación de terapias avanzadas, o proxecto Xenoma Galicia ou a extensión dos cribados

21/02/2024 | 13:30 | C. de Sanidade

O Sergas publica os aspirantes seleccionados no concurso de méritos nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería

Resultan seleccionados un total de 294 aspirantes, 17 na categoría de persoal de servizos xerais e 277 na de técnico en coidados auxiliares de enfermería

20/02/2024 | 16:50 | C. de Sanidade

O Sergas participa na presentación dos resultados do proxecto Código 100 para a resección avanzada de tumores rectais

O dispositivo UNI-VEC foi desenvolto a través do procedemento de contratación “Asociación para a Innovación” no marco do Plan de Innovación Código 100, que contou cun orzamento de 13 millóns de euros financiado nun 80 % polo Programa Operativo FEDER 2014-2020

19/02/2024 | 12:26 | C. de Sanidade

Sanidade lémbralle á sociedade galega a necesidade de aumentar as reservas dos grupos A negativo, 0 positivo e AB negativo

Julio García Comesaña doou na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que se desprazou esta mañá ata o complexo administrativo da Consellería de Sanidade en San Lazaro

19/02/2024 | 12:07 | C. de Sanidade

Comesaña remarca que a simulación médica avanzada é un piar fundamental para o avance da medicina

O conselleiro de Sanidade en funcións amosou o compromiso da Xunta para que os profesionais do Sergas conten coas ferramentas necesarias para mellorar a calidade asistencial, docente e investigadora a través da simulación clínica