Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

05/03/2024 | 12:30 | C. de Sanidade

O Sergas publica a licitación do proxecto de obra para crear unha unidade maxilofacial no Hospital Meixoeiro de Vigo

A unidade arrancará atendendo arredor de 2.000 pacientes ao ano das áreas sanitarias de Vigo e de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

04/03/2024 | 14:14 | C. de Sanidade

O Sergas publica a lista de persoas admitidas ao concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria

O DOG recolle a resolución pola que se declaran, con carácter provisional, un total de 604 admitidos, ademais da lista de excluídos

04/03/2024 | 13:58 | C. de Sanidade

A Xunta e a Asociación As Burgas asinan un convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas destinados a pacientes con trastornos aditivos

O Executivo galego achegará unha partida de 221.529 euros para renovar un acordo que posibilitou prestar asistencia a un total de 333 persoas usuarias, durante o 2023

04/03/2024 | 10:13 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 87 persoas por 59 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 1 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 3 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 83 chamadas por accidentes de tráfico

03/03/2024 | 10:08 | C. de Sanidade

A Xunta potencia o Plan Obesidade Zero en Galicia coa creación da súa comisión técnica de seguimento e avaliación

O plan deseñado pola Dirección Xeral de Saúde Pública ten entre os seus obxectivos reducir a prevalencia de sobrepeso nun 15 % en 2030

02/03/2024 | 12:17 | C. de Sanidade

O Sergas publicará a vindeira semana unha nova convocatoria para solicitar o grao inicial de carreira profesional

Así o anunciou o departamento sanitario galego na reunión da comisión de seguimento de carreira profesional

02/03/2024 | 11:56 | C. de Sanidade

A sanidade pública galega recoñecida con dúas novas unidades de referencia para todo o territorio español

O Ministerio de Sanidade designa ao CHUAC centro de referencia nacional para os Tumores renais con afectación vascular (en adultos) e as Enfermidades glomerulares (en adultos)

01/03/2024 | 14:31 | C. de Sanidade

Directivos do Sergas explican aos seus homólogos valencianos os últimos avances tecnolóxicos postos en marcha pola sanidade pública galega

Na reunión bilateral, os representantes valencianos amosaron o seu interese polo modelo de Atención domiciliaria galego e o sistema de Xestión Integral da Demanda en Equipo (XIDE), entre outros

01/03/2024 | 13:48 | C. de Sanidade
01/03/2024 | 11:38 | C. de Sanidade

Comesaña destaca o papel clave do persoal de enfermería na detección das necesidades dos pacientes

O conselleiro de Sanidade remarca que tanto en atención primaria como en hospitalaria, o persoal de enfermería leva a cabo un traballo destacado de coordinación que facilita a continuidade asistencial dos doentes entre os dous ámbitos