Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

10/04/2024 | 11:35 | C. de Sanidade

A Xunta duplicará o espazo dedicado ao Servizo de Hospitalización a domicilio no Álvaro Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, asiste ao inicio dunhas obras adxudicadas por preto de 600.000 euros

09/04/2024 | 17:03 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade recoñece o labor do persoal investigador na entrega de premios da novena edición da Xornada Biointegrasaúde

Segundo subliñou Julio García Comesaña, resulta crucial recoñecer e apoiar a aqueles que se embarcan na busca de novos coñecementos e solucións, posto que sen a investigación sería moi difícil a evolución na asistencia sanitaria

09/04/2024 | 11:14 | C. de Sanidade

A Xunta destaca o papel fundamental da enfermería galega en campos como a vacinación ademais de ser un dos principais motores da actividade asistencial

Así o destaca a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, no acto de inauguración da XXVII Xornada nacional e XX internacional de enfermería

08/04/2024 | 13:25 | C. de Sanidade

Xunta e Concello das Neves levarán a cabo obras para a mellora da accesibilidade do centro de saúde

O conselleiro de Sanidade en funcións e o alcalde das Neves veñen de asinar un convenio ao que destinarán mais de 39.000 euros

06/04/2024 | 13:02 | C. de Sanidade
06/04/2024 | 09:45 | C. de Sanidade

Os departamentos de sanidade dos gobernos de Galicia e Aragón reúnense para intercambiar experiencias en materia de contratación centralizada

Na última lexislatura, foron máis de corenta os contratos centralizados para material de uso común e repetitivo nas sete áreas sanitarias galegas

05/04/2024 | 13:32 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde destaca as vantaxes de realizar a formación MIR en Galicia

O persoal residente en formación en Galicia conta cunhas condicións retributivas que oscilan entre os 36.000 euros dos MIR1, até os 51.000 euros do persoal médico en formación R5

05/04/2024 | 11:07 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade intensifica a vixilancia epidemiolóxica da tose ferina

A maior concentración dos casos actuais dáse en idades escolares, sobre todo na franxa de 10-14 anos, e teñen carácter leve, sen que se producira ningún ingreso nesta poboación

04/04/2024 | 16:45 | C. de Sanidade

As achegas da consellería de Sanidade ao plan integral de tabaquismo amosan o compromiso de Galicia coa diminución do consumo de tabaco

Promover o cesamento tabáquico e a prevención do seu consumo é un obxectivo prioritario para a Xunta de Galicia