Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

06/06/2024 | 17:28 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o Plan Estratéxico de Transformación e Saúde Dixital como exemplo do compromiso da Xunta para modernizar o sistema galego de saúde

Durante a vixencia deste Plan, 2023-2026, a Consellería de Sanidade traballará na xestión intelixente dos datos e no uso da tecnoloxía avanzada para acadar unha atención máis eficiente e de maior calidade

06/06/2024 | 15:30 | C. de Sanidade

O Servizo Veterinario de Inspección de Saúde Pública de Pontevedra, pioneiro en España ao acadar a acreditación para o control oficial de matadoiros e industrias agroalimentarias

A Dirección Xeral de Saúde Pública iniciou hai dous anos este esixente proceso que culminou co recoñecemento á competencia técnica dos Servizo de Inspección Veterinaria de Saúde Pública da Dirección Territorial de Sanidade de Pontevedra

06/06/2024 | 14:54 | C. de Sanidade

A directora xeral de Saúde Pública pon en valor as campañas de vacinación da Xunta como unha referencia nacional

Remarca o traballo que desde o departamento que dirixe se está a facer pola transparencia, citando como primeiro paso o desenvolvemento do Observatorio Galego de Saúde Pública que incorpora indicadores sobre vacinas

06/06/2024 | 14:26 | C. de Sanidade
06/06/2024 | 11:57 | C. de Sanidade

Sanidade e o Clúster Saúde de Galicia reúnense para explorar e impulsar novas sinerxías co obxecto de posicionar o sistema sanitario galego como referente

Abordáronse diversos temas clave, incluíndo a mellora da coordinación entre os diferentes niveis do sistema sanitario, a adopción de novas tecnoloxías e a promoción da innovación na atención sanitaria

05/06/2024 | 15:54 | C. de Sanidade

A Xunta destaca que o modelo galego de planificación do verán permitirá garantir a asistencia sanitaria fronte a inacción do ministerio

Galicia planifica reforzos dentro das súas competencias, ofrecéndolles a médicos residentes de último ano que presten apoio no verán, en urxencias e atención primaria, baixo supervisión, de forma voluntaria e con incentivos económicos

05/06/2024 | 14:13 | C. de Sanidade

A Xunta recibe máis de 100 solicitudes á convocatoria de incentivos para a realización de programas e actividades de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais

O cambio nas bases para incorporar, como novidade, programas que teñen como destinatarios persoas con síndrome de Down e as modificacións en canto aos criterios de valoración fai necesario ampliar o prazo para a resolución das axudas

05/06/2024 | 13:49 | C. de Sanidade

Un total de 68 candidaturas presentáronse á IV Edición dos premios de innovación en saúde da Consellería de Sanidade

Natalia Lobato remarcou que os galardoados son profesionais e pacientes do ámbito sanitario que traballan conxuntamente para conseguir un sistema público de saúde máis innovador e eficiente

05/06/2024 | 13:17 | C. de Sanidade

A Xunta publica a actualización do decreto que regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias para incorporar 7 novas patoloxías

O éxito deste sistema implantado en 2018, con máis de 293.000 pacientes beneficiados, leva á Xunta a actualizar e a ampliar as patoloxías recollidas