Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

14/06/2024 | 13:31 | C. de Sanidade

A Xunta e o concello de Ponteareas asinan a cesión da parcela para construír o novo centro de saúde

O terreo está situado no lugar de Barral e dispón de máis de 5.700 m2

14/06/2024 | 13:07 | C. de Sanidade

A consellería de Sanidade e a USC presentan a Cátedra que estudará o impacto dos factores ambientais na saúde da cidadanía galega

O conselleiro de Sanidade subliña que a creación desta Cátedra se aliña totalmente cos obxectivos do seu departamento, que pasan pola prevención, a promoción e a protección colectiva da saúde de todos os galegos

14/06/2024 | 13:05 | C. de Sanidade

A Xunta agradece o altruísmo da cidadanía galega na conmemoración do Día Mundial do Doante de Sangue

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra que, desde a posta en marcha das campañas de doazón en unidades móbiles no ano 1993, se teñen realizado preto de 3.300.00 doazóns de sangue en Galicia

13/06/2024 | 19:53 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño sinala a redución da burocracia e o incremento de profesionais como as claves para dotar de prestixio a medicina familiar como base do sistema sanitario

Remarca que a sanidade pública lle debe moito aos médicos de familia e é hora de que a sociedade e as administracións recoñezan o papel esencial destes profesionais

13/06/2024 | 17:02 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o ambicioso plan da Xunta para mellorar a saúde da poboación a través de intervencións comunitarias que atendan o contexto social dos pacientes

O titular de Sanidade apuntou que é preciso avanzar cara a un modelo sanitario que se centre máis nas persoas e no seu contexto social

13/06/2024 | 15:37 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias: “Aquí a única que cambia de guión é a alcaldesa que hai 15 días aplaudía o proxecto da Xunta para o barrio do Sagrado Corazón”

O delegado territorial lembra que a alcaldesa valorou positivamente o plan autonómico na presentación hai quince días, “manifestando que a Administración local non tiña intención de situar alí ningunha dotación máis”

13/06/2024 | 14:43 | C. de Sanidade

O Consello de Seguridade Nuclear supervisa en Santiago o avance do Centro de Protonterapia de Galicia, o máis adiantado de España

Responsables deste organismo coñeceron in situ o progreso das obras, que veñen de acadar un novo fito co inicio das cimentacións

13/06/2024 | 13:04 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca que a doazón de sangue medra este ano en Galicia, que foi a 5ª comunidade máis doadora en 2023

Destaca que no que vai de ano se seguen a incrementar os rexistros, con case 45.000 doazóns ata maio, un 1,5% máis que no mesmo período de 2023

13/06/2024 | 11:15 | C. de Sanidade

A Xunta publica a licitación por máis de 38 M€ do contrato de servizo da rede de telecomunicacións da sanidade pública

A rede de telecomunicacións é un instrumento básico do Servizo Galego de Saúde que contribúe á simplificación do traballo dos profesionais

13/06/2024 | 11:11 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica as puntuacións definitivas e a finalización da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

Superaron a fase de oposición o 74% dos aspirantes presentados para o acceso a 51 categorías de persoal estatutario do sistema sanitario público de Galicia