Actualidade
Buscador de novas
Gómez Caamaño destaca a calidade do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, que en 2023 captou 52 millóns para proxectos innovadores
O conselleiro destaca que o 45% dos traballos científicos desenvolvidos no IDIS se enmarcaron en grupos de carácter internacional
Os servizos tecnolóxicos da sanidade pública galega, recoñecidos co máximo nivel de protección por parte do esquema nacional de seguridade
O sistema sanitario público galego convértese no primeiro de España en certificar este nivel de garantía e seguridade en todos os seus servizos, unidades e centros de saúde
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e o Centro Comercial As Cancelas promoven unha campaña especial de doazón de sangue
A superficie comercial recibe por sétima ocasión a visita das unidades móbiles de ADOS e agasallará cun refrixerio ás persoas que acudan a doar
O director xeral de Asistencia Sanitaria remarca o labor esencial do persoal de enfermería no Servizo Galego de Saúde
Silva Tojo salienta o compromiso da Xunta con esta categoría sanitaria, ao reforzar a estrutura do Servizo Galego de Saúde coa creación da Unidade de Procesos de Enfermería
A Xunta destina 5,1 M€ á adquisición de tubos de extracción de sangue e outro material para garantir a rastrexabilidade das analíticas realizadas nos centros sanitarios galegos
Destinaranse ás sete áreas sanitarias e permitirán manter os estándares de calidade e de seguridade no proceso de extracción, transporte e análise de mostras biolóxicas
A Xunta destina máis de dous millóns de euros á mellora da totalidade das bases e instalacións do 061
Melloraranse as infraestruturas nas localidades da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Foz, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Mos
A Xunta mellora a acreditación de probas en caso de agresión sexual ao potenciar a colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia
Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais
O 061 de Galicia asistiu 75 persoas por 58 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 28 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 30 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta licita por máis de 72.000 € a redacción do proxecto da obra de integración do PAC no centro de saúde de Outeiro de Rei
A obra permitirá que o Punto de Atención Continuada se integre co centro de saúde a través dunha ampliación de 557 m2