Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.194 novas da A Presidencia da Xunta:

10/07/2024 | 19:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda salienta o papel da cultura á hora de conservar e difundir a identidade e tradicións dun territorio

Asegura que a través dos contos e fábulas é posible coñecer os cambios na realidade social dunha terra ao longo do tempo

10/07/2024 | 16:48 | A Presidencia da Xunta

A conselleira de Medio Rural e a Federación Nacional de Industrias Lácteas aúnan esforzos para garantir a estabilidade do sector

 María José Gómez reuniuse hoxe coa Fenil para abordar a situación dos prezos do lácteo e lograr a rendibilidade para toda a súa cadea de valor

10/07/2024 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a relevancia do sector téxtil no tecido produtivo galego e compromete o apoio da Xunta para seguir impulsándoo

Asegura que se trata dunha industria “fundamental” que fai “marca país” e que permite levar o nome de Galicia por todo o mundo

10/07/2024 | 14:02 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta apoia un ano máis o Atlantic Fest para reforzar a Marca Galicia a través dos festivais

O director de Turismo de Galicia salienta que, “suma atractivos turísticos a Vilagarcía de Arousa e ao Salnés” e resalta o compromiso do Goberno autonómico con este destino como demostra, dixo, o centro de recepción de visitantes náuticos que vén de autorizar

10/07/2024 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Martina Aneiros destaca o traballo da Xunta a prol da conservación e recuperación da píllara das dunas

A acción enmárcase dentro do programa de incubación artificial de ovos e cría de polos non voandeiros que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

10/07/2024 | 12:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo informa a Afaco da renovación do convenio para manter o seu centro terapéutico en Salvador de Madariaga durante catro anos máis

A delegada lembrou que esta entidade conta, este ano, con apoios da Consellería de Política Social e Igualdade para financiar as prazas de atención diúrna e para contratar mulleres que sofren violencia de xénero e cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de traballadores desempregados

10/07/2024 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta o compromiso da Xunta de duplicar o parque de vivendas públicas

400 novas vivendas xa están en execución e o obxectivo é chegar a un total de 8000 nesta lexislatura

09/07/2024 | 21:21 | A Presidencia da Xunta

Rueda compromete colaboración para impulsar os proxectos conxuntos coa cidade de Lugo e pide celeridade na tramitación municipal

Reafirma a súa aposta para construír o centro de saúde do Sagrado Corazón, pero pide colaboración do concello na adecuación da parcela

09/07/2024 | 14:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca as 74 vivendas protexidas que se están a construír en Valdecorvos dentro do compromiso da Xunta por aumentar o parque residencial público

Salientou que estes novos inmobles enmárcanse dentro do plan para a construción de” 375 inmobles protexidos nos primeiros 100 días de Goberno”