Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.210 novas da C. de Política Social e Igualdade:

14/06/2023 | 17:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementou nun 24% a achega autonómica ao Servizo de Axuda no Fogar durante esta lexislatura

No ano 2020 a aportación autonómica era de 9,7 euros a hora, mentres que neste ano ascendeu ata os 12 euros a hora, adiantándose un ano ao compromiso acadado coa Fegamp

13/06/2023 | 18:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia iniciativas como Enki no Camiño que son claves para fomentar a plena inclusión de persoas con discapacidade

Este tipo de proxectos amosan o carácter inclusivo da ruta xacobea, apta para persoas de calquera idade e características físicas, psíquicas, sociais ou culturais

13/06/2023 | 12:46 | C. de Política Social e Igualdade

A campaña de verán da Xunta é a que máis prazas ofrece de todo o Estado

Neste 2023 ofrécense 11.200 prazas, 400 máis que o ano pasado e 2.200 máis que no ano 2009, en distintas actividades para idades comprendidas entre os 9 e os 30 anos
 

13/06/2023 | 11:55 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A residencia Lug 2 da Xunta acolle un encontro internacional de mocidade arredor da innovación e o emprendemento en zonas rurais

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, deulles a benvida aos máis de 60 asistentes de nove países que estes días participarán en diferentes actividades e visitarán a capital lucense, a Mariña e o Camiño Francés

 

12/06/2023 | 17:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta visita o albergue turístico de Laias, que acollerá un dos minicampamentos do programa Coñece Galicia

A proposta ‘Ecoverán termal en Laias’, unha das novidades desta edición do programa, desenvolverase durante o vindeiro mes de xullo en tres quendas de cinco días de duración cada unha

12/06/2023 | 13:25 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita aos 80 participantes do programa Deputados por un día por defender causas xustas para mellorar Galicia

O compromiso máis votado polos “novos parlamentarios” foi o de loitar polo clima utilizando máis o transporte público e a bicicleta, e menos o coche

12/06/2023 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta dá a coñecer ao alumnado do IES Auga da Laxe iniciativas protagonizadas por emprendedores

María Fontán, mariscadora e creadora da conta ‘Mariscadora 2.0’, e Isaac González, produtor audiovisual, trasladaron aos estudantes as súas experiencias e responderon ás súas dúbidas sobre oportunidades formativas e laborais