Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.210 novas da C. de Política Social e Igualdade:

26/07/2023 | 17:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará 10.000 euros a mellorar a calidade asistencial da Peña da Casa de España

Asinou un protocolo de colaboración para apoiar os galegos na diáspora que reciben nestas instalacións servizos de rehabilitación, estimulación da memoria ou asesoramento para realizar trámites administrativos

26/07/2023 | 17:03 | C. de Política Social e Igualdade

A campaña de verán da Xunta ofrece alternativas de ocio educativo para todas as idades e inquietudes

O minicampamento ten lugar no hotel As Maceiras e ofrece actividades na natureza para mozos de entre 10 e 14 anos

26/07/2023 | 13:22 | C. de Política Social e Igualdade

O delegado territorial da Xunta visita os nenos e nenas que participan no minicampamento de verán Ecoverán termal en Laias, en Cenlle

Gabriel Alén puxo en valor a importancia que teñen este tipo de actividades, coas que se busca fomentar o lecer educativo saudable e seguro da mocidade galega durante a temporada estival e a súa vez amosarlles a cantidade programas que se poden desenvolver nas contornas naturais

25/07/2023 | 17:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza a colaboración coas sociedades Rosalía de Castro en Brasil para mellorar a atención nos seus centros de día

Asinou dous protocolos de colaboración cos centros de día destas entidades, por un valor de 10.000 euros cada un, para garantir a súa calidade de atención

24/07/2023 | 12:33 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García inicia unha viaxe institucional por América Latina para colaborar coa atención aos galegos emigrados

Permitirá reforzar o apoio da sociedade galega a aquelas entidades que garanten o coidado e a atención aos galegos emigrados en distintos centros de atención sociosanitaria dos tres países

24/07/2023 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

O delegado territorial da Xunta visita aos nenos e nenas que participan no campamento de verán Hípica e Teatro en Coles

40 participantes desfrutarán de activades de danza moderna, flashmob, coreografía e xogos teatrais, rutas, obradoiros de ecoloxía, obradoiros de reciclaxe creativo, e pequenas intervencións creativas na natureza

24/07/2023 | 11:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca unha nova orde de axudas para programas de voluntariado interxeracional no medio rural

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria dotada de 760.000 euros e que permite poñer en contacto a mozos de entre 16 e 35 anos e maiores de 55 para involucralos en proxectos que teñan como escenario o medio rural

23/07/2023 | 13:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ofrece unha experiencia inesquecible para a mocidade no campamento de verán de Lalín

Os nenos, con idades comprendidas entre os 9 e 12 anos, realizan actividades de hípica, caiac e sendeirismo no albergue municipal Vicente Agulló

21/07/2023 | 13:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos pidan axudas para mellorar a accesibilidade nos seus edificios e espazos públicos

Destínanse máis de dous millóns de euros para avanzar na supresión de barreiras en concellos e mancomunidades que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes

21/07/2023 | 13:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo a pé de campo e durante todo o ano que realizan as entidades de discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe a sede de Fademga Plena Inclusión