Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.210 novas da C. de Política Social e Igualdade:

11/08/2023 | 14:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta leva a súa campaña de verán para a mocidade a Vilar de Santos e Allariz cun novo campo de voluntariado de temática arqueolóxica e ambiental

Nesta proposta danse cita mozas e mozos entre os 18 e 30 anos de idade procedentes de Galicia e doutras Comunidades Autónomas

10/08/2023 | 14:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta o carácter inclusivo dos seus campamentos de verán

Actividades adaptadas para o desfrute do contacto coa natureza e o mar centran a proposta que ten lugar nas instalacións de Gandarío

09/08/2023 | 12:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá 258.000 euros na mellora do centro sociocomunitario de Muros

As empresas interesadas en executar as obras teñen ata o vindeiro día 18 deste mes de agosto para presentar as súas propostas
 

09/08/2023 | 11:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto o prazo para que as entidades sociais soliciten axudas con cargo ao 0,7% do IRPF

Esta liña de achegas conta cun orzamento inicial de 18,5 millóns de euros, que se ampliará con outros 9,5 procedentes do reparto entre Comunidades Autónomas acordado no último Consello Territorial de Servizos Sociais

08/08/2023 | 16:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta desenvolve na Illa de San Simón un campamento e un campo de voluntariado de temáticas cultural e ambiental

A illa das historias é o nome do campamento que por primeira vez se desenvolve no complexo cultural deste espazo e a súa programación inclúe obradoiros de educación ambiental e de creación artística e literaria

08/08/2023 | 12:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega 154.000 euros para o desenvolvemento do programa Acougo da Fundación Monte do Gozo

Esta iniciativa diríxese a persoas con patoloxía dual, que é a concorrencia nunha persoa dun trastorno por abuso de substancias psicoactivas e calquera outro trastorno psiquiátrico asociado
 

07/08/2023 | 18:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta fomenta a participación en actividades de ocio e tempo libre cos campamentos e campos de voluntariado que teñen lugar na provincia de Lugo

No albergue xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín celébranse entre xullo e agosto cinco quendas nun campamento centrado no contacto coa natureza e as actividades deportivas

06/08/2023 | 16:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade
05/08/2023 | 18:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Feira do libro da Coruña acolle un coloquio con gañadores do certame Xuventude Crea da Xunta

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu a este acto que contou con gañadores nas especialidades de novela curta e poesía

05/08/2023 | 15:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto o prazo para que as entidades de iniciativa social se acollan ás axudas para o financiamento de programas e servizos

Teñen ata o vindeiro 10 de agosto para presentar as solicitudes a través da sede electrónica da Administración autonómica