Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.210 novas da C. de Política Social e Igualdade:

18/09/2023 | 14:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos se acollan ás axudas para realizar programas de inclusión social

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria desta orde de achegas para o período 2023-2025, dotada de máis de 7,6 millóns de euros

16/09/2023 | 20:01 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García reafirma o compromiso da Xunta coas persoas con alzhéimer e as súas familias na gala do 25 aniversario de Fagal

Destaca que Galicia segue a ser a única comunidade autónoma cunha rede de centros públicos especializados na atención a persoas con esta doenza

16/09/2023 | 17:38 | C. de Política Social e Igualdade

A directora xeral de Xuventude asiste ao XIX Encontro de Voluntariado, Persoas xordocegas e Persoas xordas en risco de exclusión

Os participantes nestas xornadas organizadas por FAXPG desfrutan de actividades náuticas e de equitación adaptadas grazas ao acompañamento de voluntarios

15/09/2023 | 14:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estenderá o Carné Xove os mozos da Galicia exterior antes de que remate o ano

Poderán acceder aos descontos aos que dá dereito esta credencial en todo o territorio nacional e nos 40 países que están adheridos ao programa Carné Xove Europeo

15/09/2023 | 14:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca en Madrid o éxito do Xuventude Mentoring, que facilita o tránsito do ámbito académico ao laboral

Nestes momentos está aberta a cuarta edición do programa que acumula xa preto de 430 participantes de 18 a 30 anos, dos cales ao redor da metade conseguiron un emprego
 

15/09/2023 | 13:09 | C. de Política Social e Igualdade

Xunta e Concello estrean as novas instalacións da escola infantil pública de Muxía

Iniciase o novo curso tras rematar o traslado do centro ao seu novo emprazamento no edificio de usos múltiples de titularidade municipal
 

14/09/2023 | 18:19 | C. de Política Social e Igualdade

Un grupo de usuarios de centros de atención á discapacidade da Xunta saen a navegar da man do Monte Real Club de iates de Baiona

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, estivo hoxe cos participantes nesta actividade, procedentes dos CAPD da Coruña e Redondela

13/09/2023 | 17:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta rexeita “de forma taxativa e contundente” as falsas acusacións sobre filtracións nas visitas de inspección

Defende a confidencialidade da programación das visitas á que soamente ten acceso o persoal inspector e funcionarios de carreira

12/09/2023 | 15:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta atendeu a máis de 50.000 persoas maiores a través do programa de Coidados porta a porta

A través deste programa os veciños de máis idade reciben atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria

12/09/2023 | 15:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta volve poñer en marcha a orde de axudas para a construción e ampliación de escolas infantís municipais

A nova convocatoria, que se publica mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG), está dotada con 34 millóns de euros