Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza a atención a nenos e adolescentes dentro do sistema de protección autonómico nos orzamentos do ano 2024
Destinarase a esta materia máis de 60 millóns de euros o vindeiro ano para seguir reforzando a atención e prevención de casos de desprotección
Fabiola García anuncia descontos en cruceiros para mozos e maiores a través do Carné Xove e do Carné +65
Os titulares destas dúas tarxetas poderán beneficiarse desta vantaxe tanto a través da páxina web da compañía como de calquera axencia de viaxes
A Xunta agradece ao Colexio Oficial de Traballo Social o seu compromiso na transformación de Galicia
Comprométese a seguir incrementando o número de traballadores sociais por toda a Comunidade a través do Plan Concertado que contará o vindeiro ano cun orzamento de 15 millóns de euros
Aberto o prazo para participar no programa Xuntos polo Nadal dirixido a persoas maiores que pasan soas estas datas
Ofrécense 270 prazas repartidas entre as Residencias de Tempo Libre do Carballiño e de Panxón, en Nigrán, nas que se inclúe estadías en réxime de pensión completa e un amplo programa de actividades adaptadas a todos os gustos
Xunta e concello invisten máis de 20.000 euros na mellora das instalacións da escola infantil pública de Chantada
As obras consistiron no pintado interior do inmoble e na instalación dun novo baño
A Xunta financia melloras no centro de día público para persoas maiores de Xinzo de Limia
Destínanse case 60.000 euros a reformar a cuberta, estruturas, pavimentos, pintado e limpeza de fachadas, entre outras intervencións
A Xunta premia o talento musical da mocidade galega na final do programa Xuventude Crea
Eloy Vidal Varela (Corme, Ponteceso), Antía Vázquez Pantín (Oleiros) e Pablo Castro Lema (Vimianzo) fixéronse co primeiro posto do certame
A Xunta apoia o talento da mocidade no evento Modiña Summit 2023
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe nunha mesa redonda sobre talento, creatividade e diversidade
Fabiola García sinala que máis de 1200 maiores desfrutan da novena edición do programa Benestar en Balnearios por toda Galicia
Este programa ofrece descontos ás persoas maiores para acudir a balnearios da nosa Comunidade durante os meses de outubro, novembro e decembro
A Xunta concede axudas a 50 concellos para a mellora da accesibilidade e a supresión de barreiras
Subvenciónanse ata o 80% do custe das actuacións que se fagan en edificacións, insta-lacións, equipamentos ou espazos públicos, cun límite máximo de 48.400 euros por intervención