Actualidade
Buscador de novas
A Xunta concede dúas axudas que suman 100.000 euros ao concello de Boimorto para a mellora da accesibilidade e a adquisición dun vehículo
Suprimiranse as barreiras arquitectónicas na rúa Vilanova e comprarase un vehículo para os servizos sociais municipais
Fabiola García sinala que máis de 200 persoas con ELA recibiron as axudas de ata 12.000 € durante o seu primeiro ano de implantación
O Goberno galego puxo á disposición de todas as persoas diagnosticadas con esta enfermidade axudas directas e inmediatas para a compra de produtos de primeira necesidade para o coidado ou reformas para a adaptación de vivendas
A Xunta destaca que Galicia segue a consolidarse como unha das comunidades máis solidarias, con máis de 70.000 voluntarios en activo
Celebrouse unha mesa redonda con participantes do programa Talento Interxeracional, que permitiu impulsar 23 proxectos no rural galego e no que participaron máis de 330 voluntarios de distintas xeracións compartindo experiencias e coñecemento
A Xunta inviste preto de 30.000 euros na mellora da escola infantil pública de Ribadeo
Mellorouse o muro exterior do centro e renováronse dúas aulas
Rueda destaca que a partir de xaneiro 20.000 dependentes que reciben atención no seu domicilio contarán cun bono de 5000 € ao ano
Sinala que os que viven nunha residencia tamén recibirán un complemento de 1200 euros anuais
Xunta e sindicatos asinan un acordo que mellora as condicións laborais nos centros de servizos sociais de xestión propia
Arredor de 4.000 profesionais verán incrementadas as súas retribucións e o tempo de descanso
A Xunta amplía o prazo para que os concellos xustifiquen as axudas para a adquisición de vehículos e para melloras de accesibilidade de espazos públicos
Destínanse máis de dous millóns de euros para avanzar na supresión de barreiras en concellos e mancomunidades que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes
Fabiola García traslada o cariño e o agradecemento da Xunta aos galegos que viven en Suíza
Salientou que os galegos no exterior son os mellores embaixadores que pode ter Galicia
A Xunta participa na XIII edición da entrega de Premios Carro de Prata da ASCM Ferrol
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, participaron na gala celebrada na sede de Afundación