Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.210 novas da C. de Política Social e Igualdade:

01/03/2024 | 13:51 | C. de Política Social e Igualdade

Alumnado na especialidade de Atención sociosanitaria fará prácticas non laborais en centros de maiores da rede pública da Xunta

Participantes no programa de emprego ‘Manco Xove’ completarán a súa formación en centros de día do ente autonómico

01/03/2024 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia a Afafes na atención ás persoas con Alzheimer da Costa da Morte a través da orde de axudas con cargo ao 0,7 % do IRPF

Na última convocatoria beneficiáronse dunha axuda de máis de 60.000 euros para seguir mellorando os seus servizos

01/03/2024 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

Alumnado do instituto IES Monterroso de Lugo coñece experiencias de éxito a cargo de xente moza cos ‘Obradoiros Talento Mozo’ da Xunta de Galicia

O obxectivo do programa é dar visibilidade á capacidade, innovación e creatividade que ten a xuventude galega e que os estudantes teñan referencias que lles sirvan de inspiración

01/03/2024 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta segue a estender por toda Galicia o programa Xantar na Casa coa incorporación do concello de O Rosal

Inicialmente ata dez persoas recibirán nos seus fogares o menú para os sete días da semana, festivos incluídos. Esta cifra poderá ampliarse se así o estiman os servizos sociais da localidade

29/02/2024 | 11:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa nunha xornada sobre a xestión das emocións durante o envellecemento

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou os programas e axudas a entidades que ten en marcha o Executivo autonómico para favorecer un envellecemento activo, entre eles o novo Carné +65

28/02/2024 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A escola infantil pública de Forcarei conta cun novo patio interior financiado pola Xunta de Galicia

A actuación tivo un custe de 17.000 euros e permitiu habilitar a planta baixa do centro como área de xogos interior

28/02/2024 | 13:40 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García asiste á inauguración da nova residencia de atención á discapacidade de Aspadisi á que a Xunta destinou máis de 600.000 euros

Contará con 32 prazas de atención residencial que se complementan coas 25 ofertadas no seu centro ocupacional

27/02/2024 | 14:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta difunde experiencias de éxito entre o alumnado do instituto IES de Viós de Abegondo

Julio Martínez Rumbo, director de proxectos de Bioga, e Sara González Iglesias, terapeuta ocupacional, trasladaron aos estudantes as súas experiencias e responderon ás súas dúbidas sobre oportunidades formativas e laborais
 

23/02/2024 | 12:52 | C. de Política Social e Igualdade

O DOG publica a resolución de prazas de atención diúrna e residencial para discapacidade intelectual

Trátase de 4.050 prazas distribuídas por toda a comunidade autónoma