Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García reivindica que Galicia é a única comunidade autónoma que conta cunha rede pública de centros de día de alzhéimer
O Goberno galego renovou o convenio anual con esta entidade, dotado con 90.000 euros, que permite a posta en marcha de programas de atención e campañas de sensibilización co Alzheimer
Fabiola García anuncia unha nova convocatoria para crear oito novas casas niño que aumentará ata os 111 o número de centros en Galicia
Financiaranse con 800.000 euros as obras de adecuación e o funcionamento dos novos centros
A Xunta destaca o carácter pioneiro do Centro Interxeracional de Ourense no seu quinto aniversario
O equipamento, pertencente á rede pública autonómica, ofrece servizos de centro de día para persoas maiores e de escola infantil para nenos de 0 a 3 anos
Fabiola García sinala que as familias poden solicitar ata o 21 de outubro as estadías temporais do programa Respiro Familiar
Ofrece axudas económicas de 1500 euros para estadías temporais en residencias ou de 1000 euros para contratar os servizos puntuais en centros de día ou a atención dun coidador no propio domicilio
Fabiola García lamenta que a prórroga dos orzamentos xerais do estado deixe a Galicia sen 50 M€ en materia de dependencia
Sinala que o Goberno central segue sen cumprir coa Lei de Dependencia que lle obriga a cofinanciar o 50% da atención
A Xunta facilita servizos públicos de atención temperá ás familias preto dos seus fogares
Galicia conta na actualidade con preto de 50 centros que dan cobertura a 200 concellos e que atenden problemas de desenvolvemento en nenos de 0 a 6 anos
Rueda destaca a posta en marcha de 166 novas prazas públicas para o coidado de persoas con discapacidade
Destaca que esta medida facilitará que os usuarios e as súas familias sexan atendidos na súa contorna, sen necesidade de que teñan que facer longas distancias
A Xunta inicia a formación do persoal dos locais adheridos ao protocolo contra as violencias sexuais e lgtbifóbicas nos espazos de lecer nocturno
As sesións formativas teñen como obxectivo garantir aos representantes do sector e ao seu persoal as pautas de actuación necesarias para actuar ante calquera mostra de violencia nos seus establecementos
A Xunta destaca a importancia do deporte para avanzar cara a plena inclusión das persoas con discapacidade
A directora xeral Begoña Abeijón participou hoxe na inauguración dos XXIV Xogos Autonómicos de Atletismo de Special Olympics Galicia