Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.210 novas da C. de Política Social e Igualdade:

17/05/2024 | 09:31 | C. de Política Social e Igualdade

Máis de 2.200 persoas obtiveron praza no programa Vacacións en familia da Xunta de Galicia

A través desta iniciativa ofrécese a familias galegas e doutras comunidades autónomas unha estadía de seis días nas Residencias de tempo libre de Panxón (Nigrán) e O Carballiño

16/05/2024 | 14:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta leva catro meses agardando a que o Concello de Ourense responda á proposta de adhesión ao Xantar na Casa

A implantación do programa está pendente de que a Administración local dea luz verde ao convenio remitido o pasado mes de xaneiro

15/05/2024 | 18:56 | C. de Política Social e Igualdade

O Observatorio galego LGBTIQ+ acorda impulsar este órgano para convertelo na canle de referencia entre as administracións e o colectivo

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, que presidiu o encontro en funcións, defendeu o compromiso real da Xunta coa defensa dos dereitos do colectivo LGTBI

15/05/2024 | 17:41 | C. de Política Social e Igualdade
15/05/2024 | 16:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reitera a necesidade de crear novos xulgados de violencia de xénero que atendan ao incremento de casos

Lamenta que esta petición fora ignorada en reiteradas ocasións por parte do Goberno central e afirma que o incremento do número de denuncias constata que cada vez máis mulleres cren no sistema e denuncian situacións machistas

14/05/2024 | 16:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lamenta as incertezas que está a crear a falta de avances na futura Lei estatal de Familias

O proxecto de lei foi aprobado por primeira vez no ano 2022, pero aínda continúa a súa tramitación parlamentaria nas Cortes

14/05/2024 | 16:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde para a creación de oito novas casas niño no rural galego

Permitirá a posta en marcha de 40 prazas totalmente gratuítas para nenos de 0 a 3 anos en concellos nos que non existe escola infantil

14/05/2024 | 11:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis dun millón de euros ao concerto de once prazas residenciais na cidade da Coruña para persoas sen fogar

A duración inicial do contrato será de catro anos, prorrogables ata un máximo de dez