Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

15/06/2023 | 17:01 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor as súas axudas para fomentar a construción en madeira e para impulsar a divulgación da industria forestal

Esta acción formativa celebrada na capital luguesa foi beneficiaria, precisamente, das axudas cuxa resolución publica hoxe o DOG e que van destinadas a impulsar o coñecemento da industria forestal-madeira de Galicia

15/06/2023 | 14:15 | C. do Medio Rural

A Xunta e a patronal dos serradoiros de Galicia premian o labor das escolas que poñen en valor a madeira como recurso sustentable fronte ao cambio climático

O director da Axencia Galega de Industria Forestal participou na entrega de premios do concurso “Que contas?” organizado pola Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Madera de Galicia (Fearmaga)

15/06/2023 | 11:28 | C. do Medio Rural

A Xunta resolveu axudas por importe de 80.000 € para seis asociacións apícolas galegas no período estendido destas achegas entre agosto e decembro de 2022

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas subvencións, no marco do Programa nacional apícola 2020-2022

15/06/2023 | 11:07 | C. do Medio Rural

A Xunta dá luz verde á creación de dous novos polígonos agroforestais na Peroxa e en San Amaro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o acordo de inicio de ambas figuras, que suman un total de 72,55 hectáreas de terreo

15/06/2023 | 10:42 | C. do Medio Rural

A Xunta concede axudas por importe de preto de medio millón de euros a 10 entidades para impulsar o coñecemento da industria forestal-madeira de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas achegas da Axencia Galega da Industria Forestal que contan cun orzamento de 492.527,15 euros

14/06/2023 | 14:51 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en reclamar ao Goberno central o recoñecemento de Contaláctea e Contacarne para garantir o cumprimento da Lei da cadea alimentaria

José González lamentou que ningún destes mecanismos fora aceptado polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) como fonte admisible para a acreditación dos custos de produción

14/06/2023 | 12:18 | C. do Medio Rural

A Xunta constitúe coas universidades galegas unha comisión permanente de traballo para a mellora da formación forestal

A creación deste órgano, contemplado no Plan Forestal de Galicia, ten como obxectivo avaliar as necesidades formativas neste eido para mellorar a relación entre a demanda e a oferta no sistema universitario galego

13/06/2023 | 16:35 | C. do Medio Rural

A Xunta e os representantes do sector agrogandeiro galego constitúen un grupo de traballo para avaliar os efectos da seca nos custos de produción deste eido

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, presidiu esta mañá a primeira reunión deste órgano

13/06/2023 | 11:55 | C. do Medio Rural

A Xunta, o CSIC e o Goberno de Israel intercambian coñecementos e experiencias sobre o estudo das características biolóxicas e agrónomas do solo

Unha investigadora do Centro Superior de Investigacións Científicas e unha representante do Ministerio de Agricultura de Israel visitaron o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude

12/06/2023 | 11:13 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un novo curso para a formación de asesores centrado no gando vacún de leite e de carne

A iniciativa encádrase no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, para a formación de asesores co obxectivo de ofrecer unha mellor atención á cidadanía